Fontes de información
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Chamamos fontes de información a todos aqueles recursos que conteñen datos formais, informais, escritos, orais ou multimedia. Divídense en tres tipos: primarias, secundarias e terciarias.
Tipos
editarAs fontes primarias conteñen información orixinal, que puido ser publicada por primeira vez e que non foi filtrada, interpretada ou avaliada por ninguén máis. Son produto dunha investigación ou dunha actividade eminentemente creativa. Compoñen a colección básica dunha biblioteca, e poden encontrarse en formato tradicional impreso como libros e as publicación seriadas; ou en formatos especiais como as microfilmacións, os videocasetes e os discos compactos.
As fontes secundarias conteñen información primaria, sintetizada e reorganizada. Están especialmente deseñadas para facilitar e maximizar o acceso ás fontes primarias ou aos seus contidos. Compoñen a colección de referencia da biblioteca e facilitan o control e o acceso ás fontes primarias. Débese facer referencia a elas cando non se pode utilizar unha fonte primaria por unha razón específica, cando os recursos son limitados e cando a fonte é fiable. Utilizámola para ampliar o contido da información dunha fonte primaria, contrarrestar os nosos datos e para planificar os nosos estudos.
As fontes terciarias son guías físicas ou virtuais que conteñen información sobre as fontes secundarias. Forman parte da colección de referencia da biblioteca. Facilitan o control e o acceso a toda gama de repertorios de referencia, como as guías de obras de referencia ou a un solo tipo, como as bibliografías.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Fernández, R. (2000). Fuentes de conocimiento para nuevas tecnologías aplicadas a la educaciónArquivado 02 de febreiro de 2013 en Wayback Machine.