Fomento de Construcciones y Contratas

Fomento de Construciones y Contratas, S.A. (FCC) é un grupo empresarial español con sede en Barcelona, especializado en servizos cidadáns, que nace en marzo de 1992, froito da fusión das empresas: Construciones y Contratas, fundada en Madrid en 1944, e Fomento de Obras y Construciones, creada en Barcelona no ano 1900, cuxas accións empezaron a cotizar en Bolsa en decembro de 1900.

FCC
Logotipo de FCC.png
Oficinas de FCC en Las Tablas (Madrid) 01.jpg
Oficinas de FCC en Madrid.
TipoSociedade Anónima
Fundación1990
LocalizaciónC/ Balmes, 36, 08007 - Barcelona España España
Persoas claveEsther Alcocer Koplowitz (presidenta)
IndustriaObra civil
Beneficio6 334,1 millóns de euros (2014)
Número de empregados92 290 (2010)
Páxina webfcc.es
editar datos en Wikidata ]

FCC é a matriz dun dos maiores grupos europeos de infraestrutura e servizos públicos, tanto por volume de cifra de negocios, como por rendibilidade.[1] Aínda que era inicialmente unha empresa de construción, en 1911 iniciou a súa actividade no campo dos servizos públicos cun contrato de limpeza e mantemento da rede de rede de sumidoiros de Barcelona.

As súas actividades básicas son a xestión de servizos ambientais e auga, a construción de grandes infraestruturas, a produción de cemento, equipamentos urbanos e a xeración de enerxías renovables.

Ten presenza en 34 países de todo o mundo e máis do 44% da súa facturación provén dos mercados internacionais, principalmente Europa e Estados Unidos.[2] En xuño de 2013 adxudicóuselles un contrato para construír o Metro de Riad.[3]

En outubro de 2013, Bill Gates entrou na compañía como accionista de referencia cun 5,7% debido ao posicionamento de FCC en sectores ligados ás súas visións de sustentabilidade (Servizos Ambientais e Auga).[4] Pouco despois, en decembro dese mesmo ano, o financeiro George Soros entrou no accionariado da compañía cun 3%.[5] En decembro de 2014, FCC realizou unha ampliación de capital por importe de 1.000 millóns de euros , o que permitiu a incorporación do empresario Carlos Slim como accionista cun 25,6%.[6][7]

FCC foi asociada a dous pagos ao Partido Popular en 2008 que ascenden a 165.000 euros, ano en que era o terceiro maior contratista de obras públicas de España e un dos seus dirixentes era José María Mayor Oreja, irmán do destacado dirixente do Partido Popular Jaime Mayor Oreja.[8]

AccionariadoEditar

Accionista [9] Dereitos de voto
Control Empresarial de Capitales, S.A. de C.V. 25,6%
Dominum Dirección y Gestión, S.A. 22,4%
Capital Flotante

(Accionistas relevantes: William H. Gates)

52%

(5,7%)

FiliaisEditar

Empresa Participación
Cementos Portland Valderrivas 77,9%

ParticipaciónsEditar

Empresa Participación
Realia 36,96%
Globalvía Infraestruturas 50%

NotasEditar

  1. "FCC". Consultado o 23 de xullo de 2014. [Ligazón morta]
  2. "FCC". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  3. Romero, A. (29 de xullo de 2013). "FCC logra un contrato para construir el metro de Riad por unos 6.000 millones". El País. 
  4. "FCC". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2015. Consultado o 21 de outubro de 2013. 
  5. "La Vanguardia". Consultado o 26 de decembro de 2013. 
  6. "FCC". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2015. Consultado o 18 de decembro de 2014. 
  7. "FCC". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2015. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  8. Carreño, Belén; Requena Aguilar, Ana (2 de febrero de 2013).
  9. Segundo última data de comunicación á CNMV.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar