Floyd Lounsbury

antropólogo estadounidense

Floyd Glenn Lounsbury, nado o 25 de abril de 1914 e finado o 14 de maio de 1998, foi un epigrafista e antropólogo estadounidense coñecido como maianista e polos seus traballos de lingüistíca nunha serie de linguas de América do Norte e mesoamericanas precolombianas, particularmente a lingua maia e a interpretación dos seus glifos.

Infotaula de personaFloyd Lounsbury
Biografía
Nacemento25 de abril de 1914 Editar o valor em Wikidata
Stevens Point, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de maio de 1998 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
East Haven, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Yale - antropoloxía (–1949)
Universidade de Wisconsin-Madison Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropólogo , lingüista , mesoamericanist (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Yale Editar o valor em Wikidata
Membro de
Premios

Traxectoria editar

Lounsbury naceu en Stevens Point, Wisconsin. Graduouse na Universidade de Wisconsin en 1941, especializándose en matemáticas. Alí coñeceu a Morris Swadesh conferencista sobre temas de lingüística indíxena norteamericana. Lounsbury que asistiu ós cursos de Swadesh volveuse o seu axudante e continuou coas súas conferencias cando este partiu para México. Así, afondou no seu coñecemento da lingua oneida para a cal desenvolveu un sistema ortográfico. Continuaría con este proxecto durante o desenvolvemento da súa mestría concentrándose na fonoloxía da lingua.

Durante a segunda guerra mundial traballou para o exército americano como meteorólogo.

Obtivo o seu grao de mestría en 1946. Logrou unha bolsa da Fundación Rockefeller para traballar na Universidade Yale sobre a lingua oneida. Máis tarde concluíu os seus estudos do doutoramento en 1949, facendo a súa tese sobre linguas iroquesas.

Foi pai da coñecida novelista e cineasta estadounidense Ruth Ozeki.[1]

Achegas científicos editar

Os seus estudos permitiron estabelecer vínculos históricos entre as linguas iroquesas. Traballou xunto con outros, na determinación de nomes asignados a lugares na conca do lago Champlain e desenvolveu unha versión do mito da creación dos oneida en Ontario, que despois se convertería nun libro publicado polo seu alumno Bryan Gick de maneira póstuma, que incluíu varias análises lingüísticas sobre devandita etnia e aspectos de vellas lendas iroquesas.

Lounsbury foi un colaborador da teoría fonética de Yuri Knorozov sobre os xeróglifos maias no senso de que estes representaban sílabas máis que idiogramas e nese aspecto contribuíu á metodoloxía que finalmente conduciu ó desciframento de tales glifos mesoamericanos. Foi parte do trío, con Linda Schele e Peter Mathews que en 1973, traballou para presentar a cronoloxía de douscentos anos da familia do señor de Palenque, durante a Primeira Mesa Redonda sobre a Cultura Maia celebrada en tal sitio arqueolóxico en Chiapas, México.

Lounsbury tamén desenvolveu unha correlación entre o calendario longo maia e o calendario xuliano que vincula a data do 1 de xaneiro do ano 4713 a. de C. co principio da conta longa maia no 13.0.0.0.0 (4 Ahau, 8 Kum'kú).

Notas editar