Flour é o proxecto musical e alcume do músico de Minneapolis Pete Conway, que compuxo cancións e tocou o baixo nas bandas Rifle Sport e Breaking Circus ata mediados dos anos 80.[1][2] Conway publicou catro álbums en solitario a través do selo Touch and Go Records dende 1988 ata 1994 nos cales tocou a meirande parte dos instrumentos.[1] Flour xirou como banda ao vivo dúas veces cunha formación que contaba co ex-guitarrista de Big Black Steve Albini no baixo e o antigo percusionista de Breaking Circus Todd Trainer na batería antes de que os dous formasen Shellac. As gravacións en solitario de Flour contán co característico son de caixa de ritmos de Big Black, que tamén foi usada por moitas outras bandas independentes de rock no Medio Oeste durante ese período de tempo. O terceiro álbum en solitario de Flour, Machinery Hill, foi descrito por Richard Foss de Allmusic como "unha estraña obra mestra de guitarras machacantes, baixo fluído, baterías martilleantes, e ideas moi creativas".[3]

Flour
OrixeMinneapolis, Minnesota, Flag of the United States.svg
Xénero(s)rock alternativo, noise rock, hardcore punk
Selo(s) discográfico(s)Touch and Go Records
MembrosPete Conway
Artistas relacionadosRifle Sport, Breaking Circus, Big Black, Shellac, Pigface, Brits Out of America

A mediados dos anos 90 Conway foi parte dun trío de baixos chamado Brits Out of America, xunto con Dana Cochrane de Mickey Finn, Amy Larson de Strumpet, e Ben Ivascu de Polica, STNNNG e Marijuana Deathsquads.[4] En 1992 Conway actuou como baixista na xira Fook You '92 do supergrupo Pigface.

DiscografíaEditar

ÁlbumsEditar

Álbum Ano Selo
Flour 1988 Touch and Go Records
Luv 713 1990 Touch and Go Records
Machinery Hill 1991 Touch and Go Records
Fourth and Final 1994 Touch and Go Records

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Strong, M. C. (Martin Charles), 1960- (2003). The great indie discography (2nd ed ed.). Edinburgh: Canongate. ISBN 1-84195-335-0, 978-1-84195-335-9 |isbn= incorrecto: invalid character (Axuda). OCLC 52530784. 
  2. "Flour". Trouser Press (en inglés). Consultado o 2020-07-06. 
  3. "Machinery Hill - Flour | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-07-06. 
  4. "Music Notes - Page 1 - Music - Minneapolis - City Pages". web.archive.org. 2010-04-01. Consultado o 2020-07-06.