Pigface é un supergrupo estadounidense de rock industrial formado no ano 1990 por Martin Atkins e William Rieflin.[1]

Pigface
OrixeChicago, Illinois,
Xénero(s)música industrial, rock industrial
Selo(s) discográfico(s)Invisible Records
Artistas relacionadosPublic Image Ltd., Ministry, Killing Joke, Nine Inch Nails, Skinny Puppy, King Crimson
Na rede
http://www.pigface.net
Facebook: PigfaceOfficial MySpace: officialpigface Souncloud: pigfaceofficial Spotify: 64mGp5QFpsekCRHe6RqDYz iTunes: 44134173 Musicbrainz: 11137c88-a9a2-4ffa-a97d-fb058c6d6ce2 Songkick: 139131 Discogs: 77517 Allmusic: mn0000340462 Deezer: 13082 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Pigface formouse a partir da xira de Ministry The Mind is a Terrible Thing to Taste,[2] da cal saíu o álbum e vídeo ao vivo In Case You Didn't Feel Like Showing Up. Para a xira Al Jourgensen trouxo a Atkins, Nivek Ogre e Chris Connelly. Na xira tamñén participou Rieflin, batería habitual de Ministry na época. Aínda que Atkins gozou coa dinámica de tocar cun segundo batería, sentía que a formación era capaz de facer algo máis do que estaba a facendo, sendo chamados fercuentemente "unha banda de versións de Ministry". Unha vez rematada a xira, Atkins e Rieflin decidiron continuar traballando xuntos e recrutaron a varios dos seus compañeiros. Pigface naceu coa intención de manter un tipo de colaboración onde músicos con mente experimental puidesen participal, moitos dos cales, sobre todo ao pincipio, gravaran para o influente selo industrial Wax Trax! Records.

Trent Reznor foi tamén un dos primeiros colaboradores,[3] antes de que Nine Inch Nails se convertese nun nome familiar. "Suck", co-escrita e cantada por Reznor, foi un éxito no underground, e Reznor posteriormente regravou o tema para o EP Broken.

Rieflin deixou Pigface despois da primeira xira, deixando a Atkins como único fundador de Pigface. Con centos de colaboradores musicias para gravar e actuar con Pigface, era seguro que cada álbum, xira e canción era única. Porén, esta práctica recibiu algunhas críticas negativas debido a que se percibía unha falta de continuidade.

En 2009 Full Effect Records, un selo baseado en Detroit, anunciou a fichaxe de Pigface.[4] O seu álbum 6, unha colección de cancións gravadas durante os cinco anos anteriores, publicouse pouco despois do anuncio. A diferenza dos seus anteriores lanzamentos, a banda non realizou ningunha xira para promocionar o álbum.

Tras unha pausa de sete anos, Pigface regresou para dous concertos en Chicago en novembro de 2016. O primeiro foi un concerto de ensaio en Reggie o día 24 de novembro, e no día seguinte a banda tocou no House of Blues. Nas dúas actuacións actuaron varios dos primeiros membros da banda, ademais de tocar Lesley Rankine, En Esch, Mary Byker, Curse Mackey, Dirk Flannigan e Fallon Bowman.

Varias bandas relacionadas con Pigface, todas elas con Martin Atkins como membro común, publicaron álbums durante o tempo no que o grupo estivo activo. Entre esas bandas atópanse Murder, Inc., The Damage Manual, Ritalin, Martin Atkins And The Chicago Industrial League, Spasm, e The Love Interest.

En marzo de 2019 Atkins anunciou que Pigface xiraría novamente tras 14 anos realizando trece concertos nos Estados Unidos no mes de novembro dese ano.[5] O 12 de febreiro de 2020 anunciouse unha xira nacional máis extensa que tería lugar entre maio e xullo dese ano. Porén, o 2 de abril Atkins anunciou que a xira quedaba cancelada por mor da pandemia por coronavirus.

Rieflin morreu de cancro o día 24 de marzo de 2020 ao 59 anos de idade.[6]

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Gub 1991 Invisible Records
Fook 1992 Invisible Records
Notes from Thee Underground 1994 Invisible Records
A New High in Low 1997 Invisible Records
Easy Listening... 2003 Underground Inc.
6 2009 Full Effect Records

Notas editar

  1. The rough guide to rock (3 ed.). London: Rough Guides. 2003. ISBN 978-1-84353-105-0. OCLC 59305933. 
  2. "Pigface | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-07-08. 
  3. Reed, S. Alexander. (2013). Assimilate : a Critical History of Industrial Music. Oxford: Oxford University Press, USA. ISBN 978-0-19-933962-4. OCLC 870244154. 
  4. "Pigface return with '6' - Pigface free links at SIDE-LINE.COM". web.archive.org. 2012-03-29. Archived from the original on 29 de marzo de 2012. Consultado o 2020-07-09. 
  5. Atkins, Martin; Atkins, Martin. "2019 Tour". Martin Atkins (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2020. Consultado o 2020-07-09. 
  6. Aswad, Jem; Aswad, Jem (2020-03-25). "Bill Rieflin, Drummer for King Crimson, Ministry, R.E.M., Dies at 59". Variety (en inglés). Consultado o 2020-07-09.