Breaking Circus foi unha banda estadounidense de post-punk dos anos 80 baseada en Chicago e posteriormente en Minneapolis, fundada polo guitarrista e vocalista Steve Björklund.

Breaking Circus
OrixeChicago, Illinois,
Período1984 - 1988
Xénero(s)rock alternativo, post-punk
Selo(s) discográfico(s)Homestead Records
MembrosSteve Björklund
Peter Conway
Todd Trainer
Phil Harder
Tony Pucci
Artistas relacionadosShellac, Brick Layer Cake, Flour, Rifle Sport, Big Trouble House, Man Sized Action
Na rede
Musicbrainz: 5f92a6ee-44ef-4eef-8b5b-1bd359b32fd4 Discogs: 259290 Allmusic: mn0000512923 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Björklund tocou a guitarra e cantou na banda de punk rock de Chicago Strike Under despois dun breve período no grupo Terminal Beach.[1] Breaking Circus foi o seu seguinte proxecto, orixinalmente co baixista Bruce Lange e unha caixa de ritmos Roland TR-606.[2] Breaking Circus asinou un contrato con Homestead Records para o seu primeiro lanzamento, o EP The Very Long Fuse (1985).

En 1986 Björklund mudouse a Minneapolis e comezou a traballar co baixista de Rifle Sport Pete "Flour" Conway e co batería e guitarrista Todd Trainer.[3] Ese ano a banda publicou unha canción, "Driving the Dynamite Truck" no recompilatorio de Twin/Tone Big Hits of Mid-America Volume Four, cunha formación lixeiramente distinta ao estar Tony Pucci, de Man Sized Action, na batería.[4] Homestead Records publicou o álbum The Ice Machine, onde os créditos aparecía nun inserto como un xogo de beber ao estilo do Monopoly.

O guitarrista Phil Harder uniuse á banda para unha xira nacional antes de que Breaking Circus regresase a casa para gravar outro álbum que incluiría catro cancións de Björklund, catro de Conway, e catro de Trainer. Cando a banda chegou ao estudio recibiron noticias de que Homestead só pagaría por seis das doce cancións que tiñan planeado gravar. Graváronse as catro cancións de Björklund e unha de cada un dos outros membros, sendo publicadas como o EP Smokers' Paradise en 1987. A banda separouse en 1988.

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
The Ice Machine 1986 Homestead Records

Notas editar

  1. "Terminal Beach - ChicagoPunk". punkdatabase.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-21. 
  2. Holub, Anne. "Bands You Missed, Vol. 2". Gapers Block. Consultado o 2019-11-21. 
  3. "Breaking Circus | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-21. 
  4. "Big Hits of Mid-America Volume IV". www.twintone.com. Consultado o 2019-11-21.