Flora de Córdoba

Flora de Córdoba, máis coñecida como Santa Flora, foi unha muller mozárabe do século IX, martirizada nos tempos de Abderramán II. É considerada santa pola Igrexa católica.[1][2]

Infotaula de personaFlora de Córdoba

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Córdoba Editar o valor em Wikidata
Morte851 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Córdoba Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDegola (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristián Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmemorialista Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
CelebraciónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Día de festividade relixiosa24 de novembro Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalMarta di Cordova (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Haxiografía editar

A fonte máis fiable sobre as vidas e martirios de Flora e María é Santo Euloxio, quen as coñeceu persoalmente e foi testemuña do seu martirio.[2]

Flora naceu en Córdoba. Era filla de nai cristiá, natural de Ausinianos (a actual Villarrubia de Córdoba), e de pai musulmán, natural de Sevilla, que se estableceron en Córdoba.[3] O matrimonio tiña varias fillas e un fillo. Flora era a máis nova.[1] As irmás foron educadas na fe cristiá da súa nai e o fillo na musulmá do seu pai.

Flora era devota, austera e observadora da súa relixión, practicando xaxún a diario. En idade adolescente, Flora e os seus irmáns quedaron orfos de pai. Até ese momento practicara libremente o cristianismo, pero, a partir de entón, o seu irmán, de fe musulmá, tentou a conversión das súas irmás.

Durantes os anos comprendidos entre 850 e 860, houbo en Córdoba persecucións relixiosas contra os cristiáns que se saldaron coa morte dun cincuenta mártires mozárabes.

As irmás convértense pero Flora mantense firme nas súas crenzas. Flora finalmente foxe e escóndese, pero ante as represalias que o seu irmán está a tomar con algúns clérigos aos que acusaba de escondela, regresou a casa. Alí ratifícase na súa fe.

O irmán téntaa convencer con promesa e ameazas. Como Flora non cede, o seu irmán lévaa ante o tribunal, onde confesa ante o cadí o ser cristiá e o consagrar a Deus a súa virxindade.[4] É torturada e flaxelada. Foi levada á súa casa para ser curada e tentar convertida ao islam, pero non renega da súa fe e novamente foxe.

Permanece un tempo en casa dun cristián e logo en Osaria, a actual Torredonjimeno. Atopouse con María na igrexa de Santo Acisclo cando rezaba para soportar o martirio. Decidiron entregarse xuntas. María foi condenada por blasfemia tras condenar a Mahoma ante o tribunal e Flora por apostasía, en 851. Presentouse voluntariamente ante o cadí, xunto con María, arróxasllas nun calabozo e, chegado o día da execución, é publicamente degolada tras haber signado o sinal da cruz. O seu corpo quedou exposto para escarmento e, tras uns días, guindado ao río Guadalquivir.[2][5][1]

As cabezas de Flora e María depositáronse na igrexa de santo Acisclo.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Meldelen (24 de diciembre de 2012). "Santas Flora y María, mártires mozárabes de Córdoba". Arquivado dende o orixinal o 8 de diciembre de 2015. Consultado o 3 de diciembre de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 San Eulogio (1959). Obras completas de San Eulogio. Edición bilingüe. Real Academia de Córdoba de Ciencias, Bellas Letras y Nobles Artes. ISBN 978-84-600-3036-2. 
  3. Flórez de Setién y Huidobro, Enrique (1792). España Sagrada. Tomo X. p. 266. Consultado o 3 de diciembre de 2015. 
  4. 4,0 4,1 Santopedia. "Santa Flora de Córdoba". Consultado o 3 de diciembre de 2015. 
  5. Ros Caballar, Carlos (2010). Flora y María, mártires mozárabes. Centre de Pastoral Litúrgica. ISBN 978-84-9805-410-1.