Abrir o menú principal

A flogopita é un tipo de mica de cor parda pouco frecuente, constituída fundamentalmente por silicatos de aluminio e potasio. É un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo filosilicatos, onde se achan as micas. É bastante frecuente nos gneis preto de Santiago de Compostela, así como na localidade pontevedresa da Franqueira. Normalmente encontrase en paquetes de láminas de cor castaña, ás veces de grandes dimensións.

Flogopita
PhlogopiteMonteSommaIII.jpg
Fórmula químicaK(Mg,Fe,Mn)3Si3AlO10(F,OH)2)
ClaseSilicato
SubclaseFilosilicato
Sistema cristalinoMonoclínico
CorPardo amarelada, vermella pardusca e verdosa
BrilloDe nacarado a vítreo
Dureza2 - 2,5 (escala de Mohs)
FracturaIrregular
ExfoliaciónFácil
RaiaBranca
Densidade2,79 g/cm3

O seu nome provén do grego "phlogopos", que significa fogo, en alusión á súa cor.

É o extremo con magnesio dunha serie de solución sólida de micas, estando no outro extremo a biotita. Algúns dos minerais intermedios desta serie son fluorflogopita (rica en flúor), eastonita e hendricksita (rica en cinc). Por isto, ás veces recibe o sinónimo de mica magnésica ou ferroso-magnésica.

Índice

Ambiente de formaciónEditar

A flogopita é un mineral de orixe neumatolítica. Aparece xeralmente en calcarios e dolomías graúdas, en xistos cristalinos afectadas por metamorfismo de contacto e algunhas serpentinitas.

É tamén común nas kimberlitas, onde forma grandes láminas, así como en pegmatitas de rochas ultramáficas.

A flogopita é un membro do grupo das micas moi común, que se observa especialmente en mármores dolomíticos (ricos en magnesio) asociado con espinela, diópsido, hornblenda, granates e minerais do grupo das condritas.

LocalizaciónEditar

Existen importantes depósitos de flogopita en Ontario e Quebec (Canadá), en Rusia e en numerosas localizacións de Europa. En España encóntrase en finas escamas en gneises de Santiago de Compostela (Galiza), así como no mármore negro-azulado da Serra de Aracena (Huelva).

UsoEditar

Emprégase industrialmente en láminas como illante eléctrico en dispositivos específico, como por exemplo o illante que levan as buxías do automóbil. A súa capacidade como illante é superior a da das outras micas. Tamén se usa moido en po como material de carga.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar