Fitz-James O'Brien
Fitz-James O'Brien[1], nado en Cork o 31 de decembro de 1828 e finado en Cumberland (Maryland) o 6 de abril de 1862, foi un escritor irlandés en lingua inglesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1828 Cork |
Morte | 6 de abril de 1862 (33/34 anos) Cumberland, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | Morte natural (Tétano ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irlanda Estados Unidos de América |
Educación | Trinity College Dublín |
Actividade | |
Ocupación | poeta , escritor , xornalista , escritor de ciencia ficción |
Lingua | Lingua inglesa |
Cun estilo próximo ao de Poe, Ambrose Bierce ou H.P. Lovecraft, é considerado un dos precursores da ciencia ficción. Nos comezos (1853) publicou na Harper's Magazine, tanto prosa como composicións poéticas. Así mesmo escribiu para New York Saturday Press, Putnam's Magazine, Vanity Fair e Atlantic Monthly.
Destacan dentro da súa obra os relatos What Was It? e A lente de diamante (The Diamond Lense).
Notas editar
- ↑ Tamén escrito Fitz James O'Brien.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Biografía do autor (en inglés)
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |