Fisterra, Fisterra
Santa María de Fisterra é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Fisterra. Segundo o IGE en 2018 tiña 2.875 habitantes (1.468 homes e 1.407 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 3.176 habitantes.
Fisterra | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa María de Fisterra. | |
Concello | Fisterra[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°54′06″N 9°15′49″O / 42.90166667, -9.26361111Coordenadas: 42°54′06″N 9°15′49″O / 42.90166667, -9.26361111 |
Poboación | 2.875 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio editar
A igrexa parroquial de Santa María das Areas sitúase na estrada de acceso ao faro, na aba do monte do Cabo. Foi construída no século XII, e nela custódiase a imaxe do Santo Cristo de Fisterra.
En 1479 o párroco Alonso García mandou construír a carón do templo o Hospital de Peregrinos da Nosa Señora do Rosario, para atender os peregrinos chegados.
Por este lugar pasa a 8ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Fisterra, Fisterra.
-
Capela da Nosa Señora do Bo Suceso.
-
Fachada da igrexa parroquial.
-
Sagrario na Igrexa de Fisterra
-
Vila e porto de Fisterra.
-
Igrexa de Santa María das Areas
-
Porta lateral Norte
-
Pórtico Igrexa de Santa María
Lugares e parroquias editar
Lugares de Fisterra editar
Lugares da parroquia de Fisterra no concello de Fisterra (A Coruña) | |
---|---|
Parroquias de Fisterra editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Fisterra | |
---|---|
Duio (San Vicenzo) | Fisterra (Santa María) | San Martiño de Duio (San Martiño) | Sardiñeiro (San Xoán) |