Fimbulvetr
Na mitoloxía nórdica, Fimbulvetr (ou fimbulvinter), tamén coñecido pola forma inglesa Fimbulwinter, é o preludio dos eventos do Ragnarok.
EtimoloxíaEditar
Fimbulvetr ven do antigo nórdico, que significa "gran inverno terrible". O prefixo "fimbul" significa "o gran", polo que a correcta interpretación da palabra é "o gran inverno".[1]
HistoriaEditar
Fimbulvetr é o inverno rigoroso que precede a fin do mundo e pon fin a toda a vida na Terra. Fimbulwinter son tres invernos sucesivos no que a neve procede de tódalas direccións, sen intervención do verán. Durante este tempo, haberá guerras e nin sequera os lazos de sangue serán máis respectados: o parentes máis próximos enfrontaranse, e os irmáns mataranse entre si.[2]
O evento é descrito principalmente na Edda poética. No poema Vafþrúðnismál, Odín pregúntalle a Vafþrúðnir se a humanidade podería sobrevivir ó Fimbulwinter. Vafþrúðnir respóndelle que Líf e Lífþrasir sobrevivirán e que vivirán no bosque de Hoddmímis holt.
En Dinamarca, Noruega, Suecia e outros países nórdicos, o termo fimbulvinter aínda é empregado para referirse a un inverno moi longo e frío.[1]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Svenska Akademiens Ordbok, entry for Fimbulvinter [1]
- ↑ Fimbulvinter (Store norske leksikon)