Fils

moeda divisionaria de diversos países árabes

O fils (en árabe: فلس) é unha moeda divisionaria da unidade monetaria principal utilizada por diversos países árabes.[1][2]

100 fils de Bahrain de 1965
500 fils de Xordania de 1952

Denominación

editar

Fils é unha palabra singular en lingua árabe; a súa forma de plural é fulûs (فلوس) e significa tamén, xenericamente, "diñeiro", nalgunhas das variedades do árabe.

O termo é unha transcrición moderna de fals, unha moeda altomedieval dos califatos Omeias (661-750) e dos Abbásidas (750-1258), e procede, pola súa vez, da forma latina follis, que designaba unha moeda romana de cobre e tamén, posteriormente, unha moeda bizantina.[3]

Países e equivalencias

editar
País Unidade principal ISO 4217 División
  Bahrain Dinar bahreiní BHD 1.000 fils
  Iraq Dinar iraquí IQD 1.000 fils
  Kuwait Dinar kuwaití KWD 1.000 fils
  Emiratos Árabes Unidos Dirham dos EAU AED 1.000 fils
  Iemen Rial iemení YER 100 fils
  Xordania Dinar xordano JOD 100 fils
  1. "Fils". En Alfaro Asins, C. et al. (2009). Páxina 86.
  2. "Fils". En Münzen Lexikon. Reppa.de
  3. Album, S. (2011). Páxina 7.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar