Filmes de Bolivia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

artigo de listas da Wikimedia

Bolivia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1995. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Até o ano 2022, catorce filmes bolivianos foron presentados para competir polo Óscar ó mellor filme internacional mais ningún deles foi finalmente nomeado. Tres dos filmes foron dirixidos por Juan Carlos Valdivia. As propostas de Bolivia son designadas pola Asociación de Cineastas Bolivianos (Asocine).

Propostas

editar

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Bolivia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Lingua(s) Director Resultado
1995
(68ª)
Jonás y la ballena rosada Castelán Valdivia, Juan CarlosJuan Carlos Valdivia Non nomeado
2003
(76ª)
Dependencia sexual Castelán e inglés Bellott, RodrigoRodrigo Bellott Non nomeado
2005
(78ª)
Di buen día a papá Castelán Vargas, FernandoFernando Vargas Descualificado
2006
(79ª)
American Visa Castelán e inglés Valdivia, Juan CarlosJuan Carlos Valdivia Non nomeado
2007
(80ª)
Los Andes no creen en Dios Castelán Eguino, AntonioAntonio Eguino Descualificado
2009
(82ª)
Zona Sur Castelán e aimará Valdivia, Juan CarlosJuan Carlos Valdivia Non nomeado
2014
(87ª)
Olvidados[6] Castelán Bolado, CarlosCarlos Bolado Non nomeado
2016
(89ª)
Carga sellada[7] Castelán Vargas-Weise, JuliaJulia Vargas-Weise Non nomeado
2017
(90ª)
Viejo calavera[8] Castelán Russo, KiroKiro Russo Non nomeado
2018
(91ª)
Muralla[9] Castelán Patiño, RodrigoRodrigo Patiño Non nomeado
2019
(92ª)
Tu me manques[10] Castelán Bellott, RodrigoRodrigo Bellott Non nomeado
2020
(93ª)
Chaco[11] Castelán, quechua e aimará Mondaca, DiegoDiego Mondaca Non nomeado
2021
(94ª)
El gran movimiento[12] Castelán Russo, KiroKiro Russo Non nomeado
2022
(95ª)
Utama[13] Quechua e castelán Loayza Grisi, AlejandroAlejandro Loayza Grisi Non nomeado
2023
(96ª)
El visitante[14] Castelán Boulocq, MartínMartín Boulocq Non nomeado
  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  6. La Prensa (ed.). "OLVIDADOS E YVY MARAEY BUSCAN NOMINACIÓN AL OSCAR Y LOS GOYA". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2014. Consultado o 17 de setembro de 2014. 
  7. Salazar, Francisco (23 de setembro de 2016). Latin Post, ed. "Oscar 2017 Predictions: Will Bolivia get its First Oscar Nomination with 'Sealed Cargo?'". Consultado o 23 de setembro de 2016. 
  8. eldiario, ed. (20 de setembro de 2017). "Bolivia será representada por "Viejo Calavera" en los Óscar y los Goya". Consultado o 22 de setembro de 2017. 
  9. Mango, Agustin (19 de setembro de 2018). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Bolivia Selects 'Muralla' for Foreign-Language Category". Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  10. Variety (ed.). "Bolivia Submits Controversial Gay Drama Tu Me Manques to the Oscars". Consultado o 9 de setembro de 2019. 
  11. Ruvenal, Caio (25 de novembro de 2020). ""Chaco" es el filme escogido para representar a Bolivia en los Oscar". Opinion.bo. Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  12. Ruvenal, Caio (25 de outubro de 2021). ""El Gran Movimiento" representará a Bolivia en los Oscar 2022". Opinion.bo. Consultado o 25 de outubro de 2021. 
  13. Kay, Jeremy (15 de setembro de 2022). "Bolivia selects Sundance winner ‘Utama’ as Oscar submission (Exclusive)". Screen Daily. Consultado o 15 de setembro de 2022. 
  14. ""El Visitante" y "Los de Abajo" representarán a Bolivia en los Oscar y Goya, respectivamente". RC Noticias de Bolivia (en castelán). 2023-09-03. Consultado o 19 de outubro de 2023.