Filipo o Árabe

emperador romano entre 244 e 249

Marcus Iulius Philipus naceu no 204, en Trachonitide, preto da actual Damasco. Pasou á historia co nome de Filipo I, ou Filipo o Árabe. Gobernou o Imperio Romano entre os anos 244 a 249.

Filipo o Árabe
Nome completoMarcus Iulius Philipus
AlcumeFilipo I, ou Filipo o Árabe.
Nacementoc. 204
Lugar de nacementoShahba
Falecemento249
Lugar de falecementoVerona
Causamorto en combate
NacionalidadeRoma Antiga
Relixiónrelixión na Roma antiga
Ocupaciónemperador romano
PaiJulius Marinus
CónxuxeMárcia Otacília Severa
FillosFilipe II (imperador)
IrmánsCaio Júlio Prisco
Período244 a 249
editar datos en Wikidata ]

Filipo como soldado editar

No ano 230 casou con Marcia Otacilia Severa e tivo un fillo ao que lle deron o nome de Marcus Iulius Severus Filipus. Durante a campaña en Oriente contra os persas do emperador Gordiano III, distinguiuse en parte axudado polo seu irmán Xulio Prisco. Á morte de Temiseteo, e apoiado polo exército, é nomeado prefecto do pretorio polo emperador. Dende aquel intre tenta poñer en dúbida a capaciade do emperador para as operacións militares que se estaban a realizar, e as tropas terminan asasinando a Gordiano III e nomeando emperador a Marco Xulio Filipo.

Filipo como emperador editar

 
Busto de Filipo o Árabe. no anverso dunha moeda do seu tempo (antoniniano)

Envía cartas ó Senado, comunicándolles a morte do emperador, e o seu nomeamento por parte das lexións. O Senado despois dalgunhas dúbidas, noméao emperador, a súa muller Marcia augusta e ao seu fillo césar. Tralo pago dun tributo, e da renuncia a Armenia e Mesopotamia, o rei de Persia Sapor I, consegue a paz en Oriente. Nomea o seu irmán Xulio Prisco reitor do Oriente, dálle o nome de Philipopolis á súa cidade natal e volve a Roma.

No 245, os carpios fan incursións no Danubio. Filipo leva a campaña persoalmente e consegue vencelos no 247. Trala vitoria, nomea o seu fillo augustus e o seu sucesor.

Como construtor, Filipo embeleceu Roma con grandes edificios, creou o lacus do Trastevere e reparou numerosas calzadas en diversas provincias do Imperio.

Con el celébrase o primeiro milenio da fundación da cidade de Roma, con grandes xogos, entre os que destacaron os do Centenario, ou Ludi Saeculares, que resultaron particularmente fastuosos pola gran cantidade de animais e gladiadores que tomaron parte neles.

Pouco despois comezan a xurdir pretendentes ó trono en diversas provincias do Imperio. No 248, as lexións de Oriente nomean emperador a Pupieno, pero rapidamente son sometidos. No Danubio, as lexión de Panonia e Moesia nomean a Claudio Marino Pacatiano.

Morte de Filipo editar

Filipo envía ó Danubio a Quinto Trajano Decio, xeneral de orixe panonia e senador, en contra de Pacatiano. Pero as tropas, ó saber da súa chegada, matan a Pacatiano e nomean a Decio Augusto I. Este acepta e leva as tropas cara a Italia. Filipo sae coas súas tropas ó encontro. En Verona ten lugar a loita entre as dúas forzas, na que Filipo o Árabe morre e o seu fillo é capturado e asasinado. Decio é entón proclamado emperador polo Senado.

Imperio Romano

Segue a:
Gordiano III
Filipo o Árabe
Precede a:
Decio
Crise do século III