Fila é unha compañía italiana de roupa deportiva fundada en Biella (Piemonte, Italia) no 1911.[1] Dende 2007, a sede está en Seúl e é unha filial de Fila Korea.

Fila

Editar o valor em Wikidata
TipoRoupa deportiva
Fundación1911
LocalizaciónBiella, Italia Italia

(1911-2007)

Seúl, Corea do Sur, (dende 2007)
FundadorGiansevero Fila
Persoas claveYoon Keun-chang (CEO)
IndustriaTéxtil
ProdutosRoupa e calzado deportivo
Na rede
https://www.fila.com/regionselector
Facebook: filausa Twitter: filausa Instagram: filausa Youtube: UCeVfEdKeGrv0bRqN0qI6FFA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Fila fundouse en Biella (Piamonte, Italia) da man de Giansevero Fila no 1911. Orixinalmente fabricaba roupa para os habitantes dos Alpes italianos e actualmente fabrica roupa deportiva masculina, feminina, para nenos e para atletas.

O produto estrela da compañía era orixinalmente roupa interior, antes de adicarse á roupa deportiva nos anos 1970, que comezou servindo de auspiciador para o tenista sueco Björn Borg.

A compañía italiana que controlaba a empresa, Holding di Partecipazioni, vendeuna ao hedge fund estadounidense Cerberus Capital Management no 2003, despois de que a compañía se comprometese a unha campaña de patrocinio importante en atletismo, cando a situación financeira era difícil. Cerberus era propietaria de Fila a través do holding Sports Brands International, que era propietaria e operadora de tódolos negocios de Fila en todo o mundo, agás Fila Korea, que sempre foi unha compañía independente que operaba coa marca baixo licenza.

En xaneiro de 2007, a marca global de Fila foi adquirida por Fila Korea, filial que sempre foi independente, por 400 millóns de dólares, o que a fai a primeira compañía de deportes de Corea.

Fila comprou ao fabricante de equipamento de golf estadounidense Acushnet no 2011, incluíndo a marca Titleist.

Patrocinios editar

Equipos actualmente[cando?] patrocinados editar

  Inglaterra

Tenis ATP / WTA editar

Notas editar

  1. "History". fila.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05-10-2017. Consultado o 20-6-2019. 

Véxase tamén editar