Festus Ezeli

baloncestista nixeriano

Ifeanyi Festus Ezeli-Ndulue, nado o 21 de outubro de 1989 en Benin City, Edo, é un xogador profesional de baloncesto nixeriano. Cunha altura de 2,11 m e 116 kg de peso, Ezeli xoga na posición de pivote. O seu maior éxito é o anel de campión conseguido como membro dos Warriors na temporada 2014−15.

Festus Ezeli
Axente libre
Posición Pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 21 de outubro de 1989 (34 anos)
Nixeria Benin City, Edo
Nacionalidade Nixeria Nixeria
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 116 kg (255 lb)
Información da carreira
Instituto Igbinedion Education Centre
(Benin City, Nixeria)
Jesuit Sacramento (California)
Universidade Vanderbilt (2008–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 30
Por Golden State Warriors
Carreira desde 2012
Historial de equipos
Golden State Warriors (2012–2016)
Santa Cruz Warriors (2015) D-League
Premios e galardóns
Campión NBA (2015)
Información en nba.com

Traxectoria editar

Nado en Benin City, formouse no instituto Igbinedion Education Centre de Nixeria, trasladándose posteriormente ao Jesuit de Sacramento (California), xa nos Estados Unidos. Posteriormente xogou durante catro tempadas cos Commodores da Universidade de Vanderbilt, onde fixo unha media de 7,7 puntos, 4,5 rebotes e 1,7 tapóns por partido.[1] En 2011 foi incluído no segundo mellor quinteto da Southeastern Conference.

Foi elixido na trixésima posición do Draft da NBA de 2012 por Golden State Warriors, equipo co que debutou o 31 de outubro ante os Phoenix Suns, conseguindo 3 puntos e 5 rebotes. En xuño de 2013, anunciouse que Ezeli perderíase a tempada 2013-2014 debido a unha lesión no xeonllo dereito. A principios de 2015 é cedido aos Santa Cruz Warriors da NBA Development League entre o 28 de xaneiro e o 2 de febreiro. Tras volver aos Warriors consegue ese mesmo ano o seu primeiro anel de campión.

Notas editar

  1. The Draft Review (ed.). "Festus Ezeli en The Draft Rewiev" (en inglés). Consultado o 29 de xullo de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar