Festival Internacional de Xardíns de Allariz

Coordenadas: 42°11′20″N 7°48′26″O / 42.18881, -7.8072597

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA), inaugurado no 2010, é un festival que se celebra anualmente na vila de Allariz onde, en cada edición, se expoñen ideas e deseños de xardinería ao redor dunha temática central.

Festival Internacional de Xardíns

Estes proxectos escóllense por un xurado experto entre unha multitude de propostas chegadas dende diferentes lugares da xeografía mundial. Na edición de 2019 reuníronse un total de 37 propostas de lugares como Ourense, Madrid, Barcelona, Arxentina, Chile, Italia, Estados Unidos ou Edimburgo, entre outros.

O Festival Internacional de Xardíns é pioneiro na Península Ibérica, xunto co portugués de Ponte de Lima. Conta con case 38 000 m² divididos en 12 parcelas para a mostra dos deseños temporais, os 10 finalistas, o gañador do ano anterior e unha parcela para o proxecto dos escolares.

Edicións e temas dos xardíns editar

  • I Edición – 2010
  • II Edición – 2011 «A moda no xardín»
  • III Edición – 2012 «Galicia, o País da auga»
  • IV Edición – 2013 «Allariz, a beleza que inspira»
  • V Edición – 2014 «Os xardíns da abundancia»
  • VI Edición – 2015 «Música no xardín»
  • VII Edición – 2016 «Os xardíns do futuro»
  • VIII Edición – 2017 «Os xardíns da memoria»
  • IX Edición – 2018 «O erotismo no xardín»[1]
  • X Edición – 2019 «Xardíns de cine»
  • XI Edición – 2020 «Xardíns dos Poetas»

Notas editar

  1. Nesta edición preto de 40 000 persoas visitaron os xardíns efémeros. Foi, segundo sinala o tenente de alcalde, Bernardo Varela,  “unha edición de récord en canto a visitas”. Ademais, o Festival I de Xardíns de Allariz, a través de varios integrantes da Asociación Española de Paisaxistas, outorga, como novidade este ano, o primeiro premio profesional ao xardín «En busca do prohibido».

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar