Festival Internacional Outono de Teatro
festival de teatro que se celebra en Carballo
O Festival Internacional Outono de Teatro ou FIOT é un festival internacional de teatro que se celebra anualmente dende 1992 na localidade de Carballo (Galiza). O FIOT é organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte, coa colaboración do Concello de Carballo.
O FIOT naceu coa vontade de encher un oco na programación teatral da provincia da Coruña (onde non abundaban os festivais teatrais), e de levar a cabo unha proposta para impulsar a feble estrutura teatral da comarca de Bergantiños, que ata aquela carecía de programación teatral estable.
Recoñecemento
editarRecibiu en 2018 o Premio Cultura Galega de Artes Escénicas[1]
Notas
editar- ↑ "Luz Darriba, Xosé María Álvarez Cáccamo e A Roda, entre os galardoados cos Premios da Cultura Galega". Sermos Galiza. 25 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2018. Consultado o 25 de setembro de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|