Festa dos foros de Seixalbo
A Festa dos foros de Seixalbo é unha celebración que ten lugar en Seixalbo (Ourense). Celebra a supresión a mediados do século XIX dos foros do Antigo Réxime. Celébrase desde 2006, e ten lugar o primeiro sábado de xullo.
Contexto histórico
editarEn 1837 a veciñanza da parroquia presentou unha demanda xudicial para que se declarase de calidade señorial, e polo tanto se abolisen as prestacións de cincocentos moios de viño que percibían o bispo da diocese de Ourense e o cabido da Catedral de Ourense. A demanda foi encabezada por Fernando Freire Carril, que pagaba 205 cuartas de viño, e que viaxou á Coruña para seguir adiante co preito.
O xuízo iniciouse en Ourense o 2 de novembro de 1839, mais ao non pórse de acordo as trespartes litigantes pasouse á audiencia da Coruña e, posteriormente, rematou en Madrid o 30 de xuño de 1859 a favor das reclamacións veciñais.
A festa dos foros
editarA festa comezou a celebrarse en 2006. Os balcóns das casas adórnanse con colchas e faldóns, e a xente viste con roupas de época. Despois de xantar hai unha xuntanza na praza do Cabido con xogos tradicionais. Logo faise un percorrido polas adegas da parroquia. Co solpor faise unha representación teatral dos tres xuízos, e a festa remata cunha actuación musical.
Unha das rúas da parroquia leva o nome do impulsor deste preito, Fernando Freire Carril, e tamén se puxo unha placa na casa onde viviu.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- González, E., Herminio, M. e Seara, M. (2008): Seixalbo, anacos do pasado. Ourense: Asociación Cultural Agromadas.
- Seara Pazo, M. (2005): Seixalbo e os seus nomes de lugar. Ourense: Asociación Cultural Agromadas.
- Somoza Medina. (s.d). Ourense no s. XIX. Biblioteca Virtual Cervantes.