Festa do polbo de Mugardos
festa gastronómica en Mugardos
A festa do polbo de Mugardos é unha festa gastronómica celebrada no concello coruñés de Mugardos desde 1990. En 2009 foi declarada Festa de Interese Turístico Galego, e desde entón celébrase o segundo sábado do mes de xullo.
Festa do polbo de Mugardos | |
---|---|
Datos da festa | |
Tipo | gastronómico |
Celebrada por: | Concello de Mugardos |
Data | segundo sábado do mes de xullo |
Concello | Mugardos |
Organizador | Concello de Mugardos |
Recoñecementos | Festa de Interese Turístico Galego (2009) |
Na festa sociedades culturais e deportivas preparan e venden aos visitantes racións de polbo á mugardesa, un prato típico desta localidade diferenciado do coñecido polbo á feira.
Dito popular:
"os da Graña son cintores; os da Redonda canteiros;
os de Cervás labradores e os de Mugardos, pulpeiros"