Festa da castaña e do cogomelo

(Redirixido desde "Festa da Castaña e do Cogomelo")

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

A Festa da Castaña e do Cogumelo celébrase no concello de Riós a primeira fin de semana de novembro. Esta festa lévase celebrando dende o ano 1994, durante dous días (sábado e domingo) en que se desfruta dos produtos típicos da zona.

A festa comeza cun vídeo de promoción sobre o Concello de Riós, a continuación actúan diferentes grupos e tamén as pandeireteiras da banda de gaitas do concello e por último para rematar este primeiro día celébrase un magosto popular onde os pratos típicos a degustar son empanadas, pan, chourizos, castañas e bica.

O domingo a xornada comeza coa apertura das casetas onde hai produtos artesanais, xa sexan produtos gastronómicos da zona ou pezas feitas a man. Outra das actividades levadas a cabo este día é unha exposición que recolle a historia das mulleres do rural e do traxe tradicional do entroido. Toda a festa é amenizada tanto por unha charanga como pola banda de gaitas do concello. Estes son os encargados de acompañar as autoridades por toda a festa.

Esta festa conta cunha degustación de produtos como son chourizos, castañas asadas e viño, esta está en todo momento amenizada por unha banda de música tradicional. Tamén os restaurantes teñen por costume preparar un menú de xantar tradicional.

Dende o ano 2008[1] esta festa está recoñecida como Festas de interese turístico de Galicia.

Dende o ano 2017[2] faise entrega da <<Castaña de Ouro>>. Ata este ano víñase facendo un tour ciclista polas aldeas que forman o Concello de Riós, cada ano ían por unhas diferentes para que non sempre fose a mesma ruta. Antes de ir a comer facíase a entrega de premios os tres participantes que chegaron primeiro a meta.

NotasEditar

  1. https://www.ourensedixital.com/_novas/08/07/31_02.htm
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2019. Consultado o 30 de abril de 2019.