O ferrosilicio é o nome das aliaxes de ferro e silicio nas que a proporción de silicio oscila entre o 15 e o 90 % en peso, das que a que contén un 75 % de Si é a máis utiliada.[1]

Mostra de ferrosilicio.

Os ferrosilicios representan as 3/4 da utilización do silicio metal (agás o SiO2) e o 20 % da produción de ferroaliaxes.[1]

Obtención editar

Existen dou métodos de produción:

  • Produción en alto forno. Os altos fornos caracterízanse polo seu revestimento refractario ácido. O contido en silicio sitúase entre o 10 e o 17 %.[2]
  • Produción en forno de arco eléctrico por redución do SiO2 en presenza de ferro. As materias primas son o cuarzo ou a area e a ferralla, con coque, hulla ou coque de petróleo. O contido en silicio varía do 15 ao 95 %. A electricidade representa do 20 ao 25 % dos custos de produción (8 500 kWh/t de ferrosilicio ao 75 %). O fume do sílice producido recupérase para elaborar betume de alto rendemento xa que aumenta a súa fluidez, a resistencia á compresión (que pasa de 20-40 Mpa a 60-120 MPa) e fai diminuír a súa permeabilidade.[1]

Utilización en siderurxia editar

O ferrosilicio é un produto destinado á siderurxia, xa que a súa alta densidade e baixo custo fan del un elemento de aliaxe corrente na fabricación de aceiros.

En Galicia editar

Cómpre sinalar que a fábrica da empresa FerroAtlántica en Cee, a de maior antigüidade e cabeceira do complexo industrial Cee-Dumbría, ten unha capacidade anual de produción de 18.000 t de ferrosilicio (ademais doutras ferroaliaxes: 37.000 de silicomanganeso e 5.000 de ferromanganeso, entre outros produtos).[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Fichte, Rudolf (2000): "Ferroalloys", en Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry.
  2. N. Kanda & K. Mpiana (2004). Bulletin du centre de recherches géologiques et minières, ed. "Etude sur la fabrication de ferrosilicium au bas-Congo" (PDF). docs.google.com. Consultado o 04/05/2015. 
  3. FerroAtlántica Arquivado 05 de maio de 2015 en Wayback Machine. (en castelán).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar