Coque
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O coque[1] é un tipo de combustíbel derivado do carbón betuminoso. Comezou a ser utilizado na Inglaterra do século XVIII. O coque obtense do quecemento da hulla (ou carbón betuminoso), sen combustión, nun recipiente pechado. Pode ser utilizado na produción de ferro gusa (alto forno), sendo adicionado xunto coa carga metálica.
Usos
editarAlén da utilización na liga do ferro gusa, debido a escaseza do carbón vexetal, o Coque de petróleo pode ser usado en varias outras formas posíbeis, tales como:
- Pastilla de freo automotivo,
- Zapatas Ferroviarias,
- Alimentación de fornos refractarios
* Colorización de vidros.
Obtención
editarO coque é obtido polo proceso de coqueificación, que consiste, en principio, no quecemento a altas temperaturas, en cámaras hermeticamente pechadas (excepto para saída de gases), do carbón mineral. No quecemento ás temperaturas de coqueificación e na ausencia de ar, as moléculas orgánicas complexas que constitúen o carbón mineral se dividen, producindo gases e compostos orgánicos sólidos e líquidos de baixo peso molecular e un residuo carbonáceo relativamente non volátil. Este residuo resultante é o coque, que se presenta como unha substancia porosa, celular, heteroxénea, so os puntos de vista químico e físico. A calidade do coque depende moito do carbón mineral do cal se orixina, principalmente do seu teor de impurezas.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coque |
----
Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |