Ferralla

refugallos de metal

A ferralla[1] é o conxunto de refugallos de ferro, ferro fundido ou de aceiro, e xunto coa mena de ferro, son as dúas materias primas máis importantes da siderurxia. Este refugallos poden ser identificados de xeito doado e, polo tanto, poden ser recuperados e reciclados.

Ferralla

A ferralla de ferro é imprescindible para fabriación de aceiro. A gusa de ferro, extraída da mena que sae dun alto forno pasan nunha segunda fase a un convertedor onde son mesturados cun 20 a 40% de ferralla.[2][3] No caso dos fornos eléctricos esta porcentaxe pode atinxir até o 100%. Ademais das empreses especializadas, segundo o Gremio de Recuperación de Cataluña, en 2015 unhas 53 500 persoas recollen ferralla nas rúas dos concellos cataláns. Este número medrou nos últimos anos e por mor dos escasos ingresos, o traballo precarizouse aínda máis.[4][5]

Un caso especial forma a "ferralla espacial": carcasas e outros obxectos perdidos na órbita terrestre que causan un problema para as axencias espaciais. En 2015, estaban inventariadas até vinte mil pezas, que van da medida dunha mazá á dun autobús.[6]

Categorías editar

Os resfugallos de ferro pode ser divididos en catro grandes categorías:

  • Refugallos limpos da siderurxia que son reciclados, en xeral, na mesma fábrica que os produciu.
  • Refugallos de fábricas da metalurxia que xeralmente forman parte do negocio da ferralla.
  • Refugallos de demolición de construcións metálicas, de buques, de contedores e de formigón armado
  • A recuperación de bens ós que se lles acabou a vida útil (automóbiles, electrodomésticos...).

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ferralla.
  2. "El convertidor LD" (en castelán). Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  3. Viquillibres (ed.). Metal·lúrgia i siderúrgia/Siderúrgia. 
  4. Martínez, Guillem; Vilamala, Txell (11 de xuño de 2015). "El creixent nombre de recollidors de ferralla en precaritza encara més l’activitat". BTV.Notícies. 
  5. Ortaga, Maria (4 de abril de 2015). "Professionals de la ferralla". Ara. 
  6. "L’evolució i multiplicació de la ferralla espacial, del 1957 fins ara". VilaWeb. 12 de decembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar