Fernando Virgós Pintos
médico galego
Fernando Esteban Eusebio Virgós Pintos, nado en Santiago de Compostela o 26 de decembro de 1903 e finado en Meis o 7 de xullo de 1978, foi un médico galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de decembro de 1903 Santiago de Compostela, España |
Morte | 7 de xullo de 1978 (74 anos) Meis, España |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Familia | |
Pai | Leoncio Virgós Guillén |
Irmáns | Tirso Virgós Pintos |
Traxectoria
editarFillo de Leoncio Virgós Guillén, farmacéutico e médico santiagués. Estudou o bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela. Fixo Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (1921-1926). En 1928 aprobou en Madrid as oposicións a inspector de sanidade municipal. En 1930 exercía como médico en Meis; tamén exerceu en Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa. En 1940 foi nomeado vogal do colexio médico provincial.
Vida persoal
editarCasou con María del Rosario Cea Rey, e foi pai de María del Rosario, Fernando Javier e María Teresa Virgós Cea.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gallego Rei, Mario; Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Moreira Docampo, Xosé Manuel (2012). Para despois do silencio. O Concello de Meis da II República a Guerra Civil. Vigo: Ir Indo. pp. 179–180. ISBN 978-84-7680-692-0.