Fernando Carazo

futbolista galego

Fernando Carazo Castro, nado na Coruña o 6 de abril de 1904 e finado en Belo Horizonte o 18 de xullo de 1986, foi un futbolista e carpinteiro galego que destacou no Brasil.

Fernando Carazo
Información persoal
Nome Fernando Carazo Castro
Nacemento 6 de abril de 1904
Lugar de nacemento A Coruña
Falecemento 18 de xullo de 1986
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Tapira
Antarctica
Linhagens
1926–1927 Palmeiras
1928–1931 Cruzeiro
1932 Villa Nova
1933–1936 Palmeiras
1935 Independente
1935 Jabaquara
1936 São Paulo
1936 Jabaquara
1936–1937 Cruzeiro
1937 Villa Nova
1940–1942 Cruzeiro
1942 Aeroporto
1943 Metalusina
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Foi un dos primeiros ídolos do Cruzeiro, cando este aínda se chamaba Palestra Itália, así como o segundo estranxeiro en xogar no equipo. Con 44 goles anotados mantívose durante máis de 70 anos como o máximo goleador estranxeiro do club, ata que foi superado en 2014 polo boliviano Marcelo Moreno. Gañou en catro ocasións o Campionato Mineiro co Cruzeiro, e outra co Villa Nova, aos que sumou catro Campionatos Paulistas co Palmeiras.

Foi tamén o único español en todo o século XX en xogar no São Paulo, aínda que o fixo só en partidos amigables.

Traxectoria editar

Emigrou ao Brasil en 1907, xunto a seus pais e tres irmáns, instalándose en São Paulo.

Carreira no fútbol editar

A súa carreira futbolística comezou no Tapira, un club afeccionado en São Paulo, pasando logo por outros pequenos equipos, como o Antártida e o Linhagens.[1]

En 1926 fichouno o Palestra Itália paulista, que anos máis tarde se convertería no Palmeiras. Alí o seu apelido foi en ocasións italianizado e escrito como Carazzo.[2][3] Con este equipo gañou dous Campionatos Paulistas: o campionato extra de 1926, no que superaron na final ao Sírio cun gol de Amílcar Barbuy,[4] e o de 1927.

A continuación marchou para o outro Palestra Itália, o de Minas Xerais, que anos despois cambiaría o seu nome a Cruzeiro.[5] No equipo mineiro, o mozo galego formou parte do equipo coñecido como "Equipo Poesía", con Nininho, Piorra, Ninão e Bengala, gañando o Campionato Mineiro tres veces seguidas, entre 1928 e 1930.[5] O seu debut produciuse na vitoria por 4-1 sobre o América, nun partido válido para a Copa Independencia, no estadio Juscelino Kubitschek de Oliveira, en Belo Horizonte.[1]

En 1932 fichou polo Villa Nova do mesmo Estado, co que conquistou ese ano o seu sexto campionato estatal, o terceiro mineiro. Ao ano seguinte regresou ao Palmeiras, co que gañou o Campionato Paulista en 1933 e 1934. Tras un breve paso polo efémero Independente, en xuño de 1935 fichou polo Hespanha FC, que máis tarde pasaría a chamarse Jabaquara AC.[6] O equipo acadou ese ano o 4º posto final na liga paulista.

A finais de 1935 decidiu deixar o Hespanha e regresar á cidade de São Paulo.[7] Alí incorporouse ao São Paulo FC, que se tiña disolto uns meses antes e que se acababa de recuperar.[8] Foi o primeiro español en xogar no equipo Tricolor e o único ata case 85 anos despois, coa chegada en 2019 de Juanfran.[9][10] Con todo, o xogador non recibiu o pase por parte do Hespanha, tendo que regresar ao club a comezos de febreiro.[11] Xogou co Hespanha fronte ao Clube Atlético Paulista e a continuación volveu disputar outro partido co São Paulo FC, fronte á Portuguesa Santista.[12][13] Continuou o resto da tempada no Hespanha, acadando o 7º posto final no campionato.

Ao remate do seu contrato en 1936 volveu ao Palestra Itália de Minas Xerais, onde xogou ata o ano seguinte, cando volveu ao Villa Nova.[14] Con este club quedou subcampión mineiro de 1937, despois de perder a final a tres partidos contra Siderúrgica.[15][16] Entre 1940 e 1942 viviu a súa terceira e derradeira etapa no Cruzeiro,gañando outro Campionato Mineiro e elevando a súa cifra de goles ata 44. Foi durante máis de 70 anos o máximo goleador estranxeiro da historia do club, ata que foi superado en 2014 polo boliviano Marcelo Moreno.[17]

A continuación pasou polo Sport Club Aeroporto e pechou a súa carreira no Metalusina, en Barão de Cocais. Ademais formou parte das seleccións de Belo Horizonte,[18] e Minas Xerais.[1][19]

Fóra do fútbol editar

Debido a que na súa época o fútbol non era un deporte profesional, compaxinou a súa práctica coa súa profesión, carpinteiro, a mesma que tiñan os seus compañeiros do Cruzeiro Bengala e Piorra. Exerceu a profesión ata os 80 anos de idade,[1] e morreu pouco despois, o 18 de xullo de 1986.

Palmarés editar

Palmeiras editar

Cruzeiro editar

Villa Nova editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Carazo e Montillo, os maiores artilheiros estrangeiros do Cruzeiro" (en portugués). 28 de febreiro de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2021. 
  2. "Palestra Itália" (PDF). Correio Paulistano (en portugués). 3 de xullo de 1926. p. 5. Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  3. "A. Paulista de Sports Athleticos" (PDF). Correio Paulistano (en portugués). 23 de agosto de 1926. p. 4. Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  4. "Football - O campeonato extra" (PDF). Correio Paulistano (en portugués). 14 de febreiro de 1927. p. 6. Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  5. 5,0 5,1 MILONI Diogo. "Fernando Carazo". 
  6. "Coisas esportivas" (PDF). Correio Paulistano (en portugués). 19 de xuño de 1935. p. 8. Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  7. "Pilulas esportivas" (PDF). Correio Paulistano (en portugués). 13 de decembro de 1935. p. 8. Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  8. "O São Paulo F.C. reapareceu auspiciosamente" (PDF). Correio Paulistano (en portugués). 28 de xaneiro de 1936. p. 10. Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  9. "Após 83 anos, um jogador espanhol volta a fazer parte do elenco são-paulino" (en portugués). 7 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  10. "Juanfran é o segundo espanhol do São Paulo e primeiro europeu em 50 anos" (en portugués). 3 de agosto de 2019. Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  11. "Pilulas esportivas". Correio Paulistano (en portugués). 1 de febreiro de 1936. p. 8. Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  12. "Paulista e Hespanha empataran" (PDF). Correio Paulistano (en portugués). 4 de febreiro de 1936. p. 8. Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  13. "O S. Paulo venceu novamente a Portuguesa, de Santos" (PDF). Correio Paulistano (en portugués). 18 de febreiro de 1936. p. 13. Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  14. "De todo um pouco" (PDF). Correio Paulistano (en portugués). 12 de novembro de 1937. Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  15. "De todo um pouco" (PDF). Correio Paulistano (en portugués). 6 de abril de 1938. p. 10. Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  16. "Campionato Mineiro de 1937". rsssfbrasil.com. Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  17. "Marcelo Moreno se torna maior artilheiro estrangeiro do Cruzeiro". 10 de novembro de 2014. Consultado o 21 de marzo de 2021. 
  18. "A prova de hoje entre baianos e mineiros" (PDF). Correio Paulistano (en portugués). 1 de decembro de 1929. p. 11. Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  19. "Os cariocas venceram os mineiros 3x1". O Globo (en portugués). 30 de xaneiro de 1939. p. 2.