Fento macho

especie de planta

O fento macho ou fieito macho (Dryopteris filix-mas, L.) é un dos máis comúns fieitos da familia Dryopteridaceae.

Distribución e hábitatEditar

É natural do Hemisferio Norte amornado, de Europa, Asia e América do Norte. Medra mellor en áreas sombreadas, e é particularmente común nas fragas. É moito menos abundante en América do Norte que en Europa.

Chámaselle "macho" en diferenza co máis delicado "fieito femia" Athyrium filix-femina

DescriciónEditar

Posúe un rizoma groso, confundíndose coa raíz, e dá orixe a frondes pecioladas, primeiro enroladas e cubertas de escamas castañas. As follas teñen un hábito de crecemento ascendente, acada unha lonxitude máxima de 15 dm, cunha soa coroa en cada pé de raíz. Son bipinnuladas, con 20-35 pínnulas de cada lado do raque. As pínnulas son algo romas, e lobuladas iguais en todo o seu contorno. Os culmos cóbrense con escamas alaranxadas. Na cara abaxial das láminas maduras desenvólvense en dúas filas 5 a 6 soros. Cando as esporas maduran en agosto a novembro, o indusio comeza a secarse, axudando na dispersión das esporas.

Esta especie fai híbridos doadamente con Dryopteris affinis (fieito macho escamoso) e con Dryopteris oreades (fieito do monte).

Cultivo e usosEditar

A raíz era empregada até hai pouco para expulsar estodas. E antes se referenciaba en antigas literaturas como fieito dos vermes. Tamén medra como fieito ornamental en xardíns.

É unha das herbas máxicas de San Xoán. Por iso din que a noite de San Xoán bota flor; xustamente á medianoite[1]

SinonimiaEditar

  • Aspidium filix-mas (L.) Sw.
  • Lastrea filix-mas (L.) C.Presl
  • Lastrea officinalis Bubani
  • Nephrodium filix-mas var. crenatum (Milde) Rouy & Foucaud
  • Nephrodium filix-mas var. deorsolobatum T.Moore
  • Nephrodium filix-mas var. genuinum
  • Nephrodium filix-mas (L.) Strempel
  • Polypodium filix-mas L.
  • Polystichum cristatum auct.
  • Polystichum filix-mas var. abbreviatum auct.
  • Polystichum filix-mas var. crenatum (Milde) Trevis.
  • Polystichum filix-mas var. deorsolobatum (T. Moore) Rey-Pailh.
  • Polystichum filix-mas (L.) Roth
  • Tectaria filix-mas (L.) Cav.

NotasEditar

Ligazóns externasEditar