Fentalla
Fentalla | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Polystichum setiferum' (Forssk.) Woynar |
A fentalla[1] (Polystichum setiferum) é un fento nativo do sur e o oeste de Europa. É máis abondoso en Irlanda, suroeste da Gran Bretaña, oeste de Francia e noroeste da Península Ibérica, onde se combinan invernos suaves e veráns temperados, aínda que tamén aparece puntualmente no norte e nordés de Escocia e leste de Crimea e Turquía; na rexión Mediterránea adoita medrar en cotas altas. Medra en bosques sombrizos e húmidos.
Descrición
editarAs frondes, de cor verde brillante miden 30-120 cm de lonxitude. Xeralmente son caídas e polo xeral nun número de 4-10 follas nunha planta madura. As follas son de textura suave, bipinnadas (pinadas en plantas novas). Cada pinna mide de 4 a 14 cm de longo, cunha gran pínnula apuntada cara a arriba na base e as outras pínulas diminuíndo de tamaño dende a base. As frondes individuais viven de 9 a 15 meses e permanecen unidos ao rizoma despois de murchar. Os soros ocupan dúas fileiras a ambos os dous lados da nervadura central de cada pínula e están cubertos por un insidio tipo paraugas agarrado polo centro cos bordos serrados. Producen esporas amarelas claras.
Usos
editarAdóitase utilizar coma planta ornamental en xardíns. Existen varios cultivares cultivados.
Notas
editar- ↑ Nome común galego en MiniAtlas Xeobotánico de Galicia - http://www.vexetaciondegalicia.es/fento.php?id=polystichum
- Flora Europaea: Polystichum setiferum
- Hyde, H. A., Wade, A. E., & Harrison, S. G. (1978). Welsh Ferns. National Museum of Wales.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Fentalla |