Fenosa (2011)
Fenosa, temporalmente chamada Fenosa Wind, é o nome provisional dunha empresa eléctrica galega, formalizada de maneira pública en 2011.
Fenosa | |
---|---|
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Composición
editarA firma Fenosa está participada nun 75% pola empresa enerxética Gas Natural Fenosa e nun 25% pola construtora ourensá Copasa[1].
Traxectoria
editarFenosa Wind foi a máxima beneficiaria do concurso eólico que, en 2010, resolveu a Xunta de Galicia durante o goberno de Alberto Núñez Feijóo. O goberno galego concedeulle a explotación de 339 megawatts repartidos en once parques, o 14,5% da potencia total da convocatoria[1]. No concurso inmediatamente anterior, promovido pola consellería do nacionalista Fernando Blanco (2008), a Gas Natural, que daquela concorría coaligada con Enel, só lle corresponderan a cantidade marxinal de 15 megawatts, mais o concurso foi revogado polo goberno do PPdeG.
En setembro de 2011 presentouse publicamente, recuperando o nome de Fenosa, a empresa fundada na posguerra por Pedro Barrié de la Maza. Nesta nova firma agrupábanse non só a explotación da enerxía eólica concedida polo goberno galego, senón tamén os activos hidráulicos de Gas Natural Fenosa fóra de Galicia (2.100 megawatts en 2011), as centrais de Belesar, As Conchas e Santo Estevo (1500 MW), así como as centrais minihidráulicas, as plantas de coxeración e de biomasa en funcionamento en Galicia (600 MW)[2]. Iso incluiría 54 centrais hidroeléctricas, 41 subestacións e 21 grandes encoros[3].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 GN-Fenosa crea una nueva marca 100% renovable en Galicia Arquivado 17 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 18/9/2011.
- ↑ Gas Natural engloba en Fenosa los activos de energía renovable, por NESPEREIRA, A.; La Voz de Galicia, 20/9/2011.
- ↑ Fonte da empresa, citada por El Correo Gallego en Nace la Fenosa 'verde' gallega para gestionar planes por mil millones Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine., RIVEIRO, S., 20/9/2011.