Felix Kroos

futbolista alemán

Felix Kroos, nado en Greifswald o 12 de marzo de 1991, é un futbolista alemán, xoga como centrocampista para o 1. FC Union Berlin.

Felix Kroos
Información persoal
Nacemento 12 de marzo de 1991
Lugar de nacemento Greifswald
Altura 1'84m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Union Berlin
Carreira xuvenil
1997–2002 Greifswalder SV
2002–2008 Hansa Rostock
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2010 Hansa Rostock II 26 (4)
2009–2010 Hansa Rostock 27 (0)
2010–2013 Werder Bremen II 66 (11)
2010–2016 Werder Bremen 65 (1)
2016Union Berlin (cedido) 12 (2)
2016– Union Berlin 1 (0)
Selección nacional
2006–2007 Alemaña sub 16 8 (6)
2007–2008 Alemaña sub 17 10 (6)
2008–2009 Alemaña sub 18 10 (6)
2009 Alemaña sub 19 6 (2)
2010 Alemaña sub 20 0 (0)
2011 Alemaña sub 21 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Irmán do xogador internacional Toni Kroos, Felix empezou a xogar en 1997 na sección infantil do Greifswalder SC. No verán de 2002 firmou co F.C. Hansa Rostock e debutou profesionalmente nun partido de terceira rolda da Copa de Alemaña entre o Hansa Rostock e o VfL Wolfsburg o 28 de xaneiro de 2009[1] porén o adestrador substituíuno no minuto 69 por Sebastian Svärd. Dous días antes do Hansa Rostock baixar de categoría, Kroos anunciou a súa marcha.

Werder Bremen editar

O 15 de xuño de 2010 fichou por tres anos co Werder Bremen. O 24 de novembro de 2010 debutou nun partido da Liga de Campións da UEFA contra o Tottenham Hotspur, nese partido fallou un penalti por unha falta sobre Luka Modrić e o seu equipo acabou perdendo 3–0 .[2] O 9 de novembro de 2013 marcou o seu primeiro gol na Bundesliga, contra o Schalke aínda que os de Bremen acabaron perdendo por 3–1.[3]

Union Berlin editar

O Werder Bremen cedeuno ao Union Berlin o 28 de xaneiro de 2016 e puido firmar co equipo en xuño.[4]

Notas editar

  1. ""Wölfe" zeigen erst spät Biss". kicker.de. 28 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2009. Consultado o 13 de setembro de 2016. 
  2. "Tottenham 3–0 Werder Bremen". BBC News. 24 de novembro de 2010. 
  3. "Schalke 3–1 Werder Bremen". socerway.com. 9 de novembro de 2013. 
  4. "Werder verkauft Kroos an Union". kicker.de. 10 de xuño de 2016.