Felisa Verdejo

Científica española

María Felisa Verdejo Maillo, nada en Salamanca 1950, é unha catedrática de universidade do departamento de Linguaxes e Sistemas Informáticos da UNED. É unha das pioneiras españolas en procesamiento da linguaxe natural e intelixencia artificial.

Infotaula de personaMaría Felisa Verdejo Maillo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1950 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Salamanca, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
EducaciónUniversidade Pierre e Marie Curie (Paris VI)
Director de teseAntonio Vaquero Sánchez Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París
Barcelona
Donostia
Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupacióninformática teórica , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidad Nacional de Educación a Distancia (1991–)
Universidade Politécnica de Cataluña (1985–1991)
Faculty of Informatics of San Sebastian (en) Traducir (1981–1985)
Universidade do País Vasco (1981–1985)
Universidade Complutense de Madrid (1977–1981)
Universidade Politécnica de Madrid Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá, lingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoKepa Sarasola Gabiola (en) Traducir, Arantza Diaz de Ilarraza Sanchez (en) Traducir, Isabel Fernández de Castro (en) Traducir e Horacio Rodriguez Hontoria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
ECCAI Fellows, Premio Nacional de Informática

Dialnet: 613980

Traxectoria editar

Realizou a tese doutoral en Informática na Universidade Pierre e Marie Curie (Paris VI).

Creou e fomentou grupos de investigación, en varias universidades, nos campos do procesamiento da linguaxe natural, intelixencia artificial e a educación a distancia. Desenvolveu docencia e investigación en catro universidades españolas: Universidade Complutense (1978-1981), Universidade do País Vasco (1981-1985), Universidade Politécnica de Cataluña (1985-1991), e UNED (desde 1991).

Abriu e impulsou unha liña de investigación estratéxica, a que trata do procesamiento automático do idioma español para integralo en sistemas intelixentes e multitude de aplicacións.[1] Os seus logros científicos plásmanse nas súas publicacións, nos proxectos de investigación que en moitas ocasións incluían a amplos consorcios que logrou reunir e liderar con éxito, e nas vinte teses doutorais que dirixiu.[2][3]

A súa capacidade de liderado plasmouse en múltiples esforzos para a promoción e construción da comunidade científica nas súas áreas de traballo:

 
Presidentes e presidentas da sociedade científica SEPLN no seu 25 aniversario (2009)
  • Vicepresidenta da COSCE (Confederación de Sociedades Científicas de España) desde marzo do 2009
  • Fundadora da sociedade científica SEPLN en 1983 (Sociedade Española para o Procesamiento da Linguaxe Natural)
  • Fundadora da sociedade científica AEPIA (Asociación Española para a Intelixencia Artificial),
  • Fundadora da sociedade científica Iberamia (Iberoamericana de Intelixencia Artificial).
  • Membro do "Working Group 3.6" do IFIP.
  • Membro do comité da Global Wordnet Association.
  • Membro (grupo UNED) de ELSNET, Rede de excelencia en Human Languages Technologies até 2004
  • Membro do “board” do SIG CSCL, Kaleidoscope, desde o 2004
  • Membro do “board” do SIG AI&ED, Kaleidoscope, desde o 2004
  • Membro do “steering committee” do Cros Language Evaluation Forum (CLEF), desde a súa fundación.
  • Membro do comité asesor do Instituto IMDEA de redes (2007-2010)

Formou parte moi activa nas axencias de avaliación de investigación e docencia. Como organizadora ou promotora tamén participou en numerosas actividades de difusión da investigación no ámbito nacional, iberoamericano e europeo.

Premios editar

Na súa vida profesional Verdejo foi obxecto de numerosos recoñecementos da comunidade investigadora.

  • Cabe destacar que en 2002 foi nomeada ECCAI Fellow, a máis alta distinción das asociacións europeas en Intelixencia Artificial.[4]
  • Premio Nacional de Informática José García Santesmases en 2014 á Traxectoria Profesional para investigadores en enxeñaría informática que realizaron achegas significativas de promoción, apoio, e investigación da Informática ao longo da súa vida.[5]
  • O 28 de xaneiro de 2016 foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade de Alacante.[6]

Notas editar

  1. http://www.scie.es/wp-content/uploads/2015/01/Acta-SCIE-Premios-2014.pdf Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Acta dos premios SCIE 2014
  2. Publicaciones de Felisa Verdejo en Google Scholar
  3. Publicaciones de Felisa Verdejo Arquivado 02 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. en la base de datos DBLP
  4. "Lista de ECCAI Fellows". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2011. Consultado o 16 de xuño de 2021. 
  5. "Premios Nacionales de Informática 2014". scie.es. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2016. Consultado o 1 de febreiro de 2015. 
  6. Felisa Verdejo, una auténtica pionera del lenguaje y sistemas informáticos es, desde hoy, honoris causa por la #UA

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar