Felipe de Luis Manero

xornalista español

Felipe de Luís Manero, nado en Madrid o 19 de maio de 1984, máis coñecido como Felipe de Luís, é un xornalista radiofónico español especializado en deportes.[1] É autor do libro Sito Presidente, gañador do premio Café Bretón 2020.

Infotaula de personaFelipe de Luis Manero
Biografía
Nacemento19 de maio de 1984 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Antonio de Nebrija Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoJornalismo desportivo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCOPE Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Formouse no Colexio Nuestra Señora del Pilar, onde a súa potentísima voz serviu para substituír a sirena que marcaba os tempos de lecer. Como recompensa Zygmantovich, fichouno para a revista Soy Pilarista onde empezou a escribir os seus primeiros artigos xornalísticos. Estudou Ciencias da Información na Universidade Antonio de Nebrija. Comeza a traballar nos servizos informativos de City FM Radio, desde onde saltou á redacción de deportes da mesma. Permaneceu na emisora até xullo de 2006.

Tras colaborar en diversas publicacións deportivas de Internet, fixo deportes durante tres meses en Telecinco. Fichou a comezos de 2007 polo diario El Día de Guadalaxara, onde entrevistou persoalmente a Fernando Torres. Realizou a información deportiva para varios programas de Radio Liberdade entre maio e outubro de 2007, chegando a dirixir o seu propio espazo en agosto do mesmo ano.

Entre febreiro de 2008 e o verán de 2010 formou parte da redacción de deportes da Cadea COPE que dirixía por entón José Antonio Abellán. Realizou colaboracións no espazo nocturno El Tirachinas, así como os resumos da xornada en La Linterna de los Deportes dentro do informativo nocturno de Juan Pablo Colmenarejo.

En outubro de 2010 e tras a disgregación do equipo de Abellán, de Luís ficha pola emisora EsRadio, onde colaboraou na Previa do espazo deportivo Goles de Pedro Pablo Parrado e onde tamén exerceu como comentarista e narrador de varios partidos de Liga até febreiro de 2011, cando por razóns alleas á súa persoa abandonou o espazo e, por conseguinte, a emisora.

A partir dese momento, dedicouse a diferentes proxectos dixitais -sempre dentro do ámbito do xornalismo deportivo- como Defensacentral.com ou TodoAtletico.es (do que foi director e fundador). De 2013 até abril de 2014, foi unha das cabezas do ambicioso proxecto de LibertadFm, onde foi copresentador do espazo deportivo A mi manera, realizou as funcións de inaramico do Atlético en Bancada Deportiva, programa que despois pasou a presentar e dirixir.

Presentou e dirixiu o espazo deportivo A la Contra en Radio 4G, que mesturaba deportes e rock alternativo, de 14 a 16 horas, de luns a venres. Foi un programa que creou unha comunidade fiel de oíntes. Ademais, colaborou co morning show La Jungla. Anteriormente dirixiu e presentou El Pelotazo. Traballou durante ano e medio en Radio Pontevedra Cadea SER. Despois pasou a cubrir a actualidade do Celta de Vigo en Gol TV e realizar o podcast de análise ¿Hablamos de fútbol?, ademais de ser analista táctico en Ctxt e autor de reportaxes e relatos en medios como Líbero, Panenka ou Vice.

Investigou e fixo o guión do podcast Prestige en Sonora, traballou como guionista no programa Anatomía de..., de Producciones Del Barrio.[2]

Escritor

editar

Debutou como escritor en outubro de 2020, ao publicar Sito Presidente, unha crónica xornalística libre e cargada de experiencias persoais sobre a etapa na que Sito Miñanco presidiu o Juventud Cambados.[3]

En 2024 publicou Urtain, na que recrea a vida e morte do boxeador que foi un auténtico ídolo de masas no remate da ditadura de Franco.[4] [5]

Premios

editar
  • 2020: Premio Café Bretón por Sito Presidente.[6]
  1. "Atletico de Madrid - Felipe de Luis - la vida en rojiblanco". web.archive.org. 2011-05-03. Consultado o 2024-07-17. 
  2. "Tipos Infames: Autor: DE LUIS MANERO, FELIPE". www.tiposinfames.com. Consultado o 2024-07-17. 
  3. "Sito Presidente Pepitas de calabaza". www.pepitas.net. Consultado o 2024-07-17. 
  4. "Urtain Pepitas de calabaza". www.pepitas.net. Consultado o 2024-07-17. 
  5. "Felipe de Luis: "El sueño de Sito era que el Cambados jugara contra el Madrid. Y se lo llegó a creer"". Pontevedra Viva (en castelán). 2020-11-01. Consultado o 2024-07-17. 
  6. SITO PRESIDENTE PREMIO CAFÉ BRETÓN & BODEGAS OLARRA 2020 (en castelán). 2022-04-23.