Felipe Vallese

sindicalista arxentino

Felipe Vallese, nado na Arxentina en 1940 e finado en 1962, foi un obreiro da metalurxia e dirixente da Juventud Peronista (JP), secuestrado o 23 de agosto de 1962, durante o goberno de facto de José María Guido e logo desaparecido. É considerado o primeiro desaparecido da historia arxentina contemporánea.

Felipe Vallese
Nacemento14 de abril de 1940
Lugar de nacementoBuenos Aires
Falecemento23 de agosto de 1962
Lugar de falecementoSan Martín
NacionalidadeArxentina
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

Secuestro editar

No momento do seu secuestro, Vallese tiña 22 anos e era delegado da fábrica TEA. Diversas testemuñas manifestan que foi conducido á comisaría 1° de San Martín, e que alí foi torturado, probablemente ata a súa morte. O seu corpo nunca apareceu. O feito provocou unha importante conmoción social e a súa aparición con vida pasou a formar das reivindicacións de diversas organizacións. Fíxose popular o canto:

“Un grito que estremece / queremos a Vallese”

Homenaxe editar

Na actualidade a rúa antigamente chamada Canalejas de Buenos Aires, onde foi secuestrado, leva o seu nome, ao igual que o salón de actos da CGT e diversas agrupacións obreiras, estudantís e sociais.

Literatura editar

O escritor arxentino Paco Urondo relata o caso na súa novela Los pasos previos.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar