Felicitas Casabella Fernández
Felicitas Casabella Fernández, nada en Ourol e finada no mesmo concello o 16 de abril de 1938, foi unha labrega galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Ourol, España |
Morte | 16 de abril de 1938 O Candedo, España |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | labrega |
Familia | |
Irmáns | María Josefa Casabella Fernández |
Traxectoria
editarNa súa casa do Candedo refuxiábase o fuxido Alejandro Temblás Paz. O 16 de abril de 1938 foi recoñecido e denunciado e un grupo de falanxistas e gardas civís rodearon a casa para detelo. Alejandro logrou escapar do cerco saltando por unha fiestra, pero Felicitas morreu polas balas ou pola metralla das granadas. A súa irmá María Josefa Casabella Fernández e a súa filla Encarna Casabella Fernández, de trece anos de idade, saíron á aira co compromiso dos falanxistas de respectar as súas vidas, pero foron asasinadas na porta da casa. Os falanxistas queimaron a vivenda e mataron o gando e logo festexaron a orxía de sangue ceando uns cabritos confiscados na casa nunha taberna próxima.