María Josefa Casabella Fernández

labrega galega

María Josefa Casabella Fernández, nada en Ourol e finada no mesmo concello o 16 de abril de 1938, foi unha labrega galega.

Infotaula de personaMaría Josefa Casabella Fernández
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Ourol, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de abril de 1938 Editar o valor em Wikidata
O Candedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlabrega Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsFelicitas Casabella Fernández Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Na súa casa do Candedo refuxiábase o fuxido Alejandro Temblás Paz. O 16 de abril de 1938 foi recoñecido e denunciado e un grupo de falanxistas e gardas civís rodearon a casa para detelo. Alejandro logrou escapar do cerco saltando por unha fiestra, pero Felicitas Casabella Fernández, a irmá de María Josefa, morreu polas balas ou pola metralla das granadas. María Josefa e a súa sobriña Encarna Casabella Fernández, de trece anos de idade, saíron á aira co compromiso dos falanxistas de respectar as súas vidas, pero foron asasinadas na porta da casa. Os falanxistas queimaron a vivenda, mataron o gando e logo festexaron a orxía de sangue ceando uns cabritos confiscados na casa nunha taberna próxima.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar