Federico Mayor Zaragoza
Federico Mayor Zaragoza, nado en Barcelona o 27 de xaneiro de 1934 e finado o 19 de decembro de 2024 en Madrid, foi un bioquímico e político español, que foi director xeral da UNESCO entre 1987 e 1999.
Traxectoria
editarDoutorouse en farmacia pola Universidade Complutense de Madrid en 1958. Nomeado catedrático de bioquímica na Facultade de Química da Universidade de Granada, universidade da que foi reitor entre 1968 e 1972, nese trasladouse a Madrid ao ser nomeado catedrático de bioquímica da Universidade Autónoma de Madrid.
Foi subsecretario de Educación e Ciencia do goberno español entre 1974 e 1975, na transición ingresou na UCD e foi deputado e Ministro de Educación e Ciencia no goberno de Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo (1981-1982) e deputado no Parlamento europeo (1987). En 1978 nomeado vicedirector xeral da UNESCO. Dende o 2000 dirixe a Fundación Cultura de Paz.
Premios e distincións
editarEn 2009 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade Xaime I.[1]
Notas
editar- ↑ "Federico Mayor Zaragoza, doctor honoris causa de la Universitat Jaume I". Universidade Xaime I (en catalán). 2 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2019. Consultado o 3/03/2019.
Predecesor: Juan Antonio Ortega |
Ministro de Educación e Ciencia de España 1981 - 1982 |
Sucesor: José María Maravall |
Predecesor: Amadou-Mahtar M'Bow |
Director xeral da UNESCO 1987 - 1999 |
Sucesor: Koichiro Matsuura |