Federico Cantero Villamil

Federico Cantero Villamil, nado en Madrid o 22 de xuño de 1874 e finado en 1946 foi un enxeñeiro civil español coñecido polos encoros que construíu e proxectou ao longo do río Douro e polas súas investigacións no ámbito aeronáutico, que se resume na Libélula Viblandi, un helicóptero, ou precursor do mesmo, construído por el.

Infotaula de personaFederico Cantero Villamil

Federico Cantero Villamil en 1920
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1874 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de decembro de 1946 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónQ8778170 Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnxeñería aeronáutica e engenharia hidráulica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro civil , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Familia editar

Os seus pais foron o enxeñeiro de camiños Federico Cantero Seirullo e Isabel Villamil Olivares. Casou con Tránsito Cid, e tiveron dous fillos. Após enviuvar, Cantero casou con Concepción García-Arenal Winter, neta de Concepción Arenal, e tiveron seis fillos.

Formación e primeiras obras editar

Fíxose enxeñeiro o 30 de setembro de 1896, coa mellor cualificación. Realizou a súa práctica laboral durante 1897 en Zamora, e en 1900 comezou a traballar na "Jefatura de Obras Públicas de Zamora". En maio de 1900 pediu e obtivo unha licenza para traballar na hidráulica. Nese momento, os gobernos de España e Portugal planeaban como explotar o potencial hidroeléctrico do río Douro.

Encoros editar

En 1899 funda a sociedade "El porvenir de Zamora", co obxectivo de financiar e explotar o encoro de San Román, preto de Zamora. A súa construción durou até 1903. Este encoro aproveitou un meandro do río Douro de 11,2 km de longo. Abriu un túnel de 1.5 km de longo e construíu as turbinas e os motores do outro lado. Mediante isto, o desnivel desde o encoro até as turbinas medía 14 metros, mentres que a altura do encoro era de só 5 metros.

Tamén deseñou e proxectou a denominada "Solución española de los Saltos del Duero", proxecto que planificou todas as represas da vertente española do río Douro.[1]

Finalmente, proxectou a construción real dalgunhas desas presas, e tamén dous encoros de Burgomillodo, río Duratón e río Eresma.

Patentou en 1945 un "novo tipo de pechadura hidráulica accionada pola propia auga da canle ou o encoro onde están instalados".

Ferrocarril editar

En 1913 propuxo un proxecto para unir Zamora e Ourense a través de Puebla de Sanabria por vía férrea. Foi unha das obras de enxeñería máis duras da súa época: o proxecto contaba con máis de 100 túneles, en particular o túnel de Padornelo, de 6 km de lonxitude. Executouse entre 1921 e 1957 cunha vía única, aínda que o deseño admitía vía dobre. En 1931 as obras foron suspendidas, o que provocou unha manifestación[2] e uns acontecementos que levaron á proclamación efémera da República Galega.[3][4][5]

Para conmemorar o centenario do proxecto, foi publicado un libro en 2013.[1]

Aeronáutica editar

 
Libélula Viblandi.

Aínda que a principal obra de Cantero foi a dos encoros, dende 1908 foi patentando outros inventos no ámbito da aeronáutica. O seu principal interese era o problema do voo. É en 1910 cando patentou unha ... idea de manter os corpos no aire e, se o quixese, a propulsión . Á primeira seguíronlle trinta e catro patentes, sendo as últimas dedicadas ao helicóptero que construíu: o Libélula Viblandi. Usando os coñecementos adquiridos durante trinta anos de traballo, Cantero comezou a construír ese helicóptero en 1936, competindo con Igor Sikorsky e con Anton Flettner e Heinrich Fokke por facer voar un helicóptero. A Guerra civil española comezou ese ano, e o helicóptero ficou en Madrid (zona republicana) mentres que Cantero permaneceu en Zamora (zona nacional). En outubro de 1941 o helicóptero estaba listo para as probas. Os resultados daquela proba perdéronse e o proxecto de voo estaba decaendo cando Sigorsky probou o seu helicóptero con éxito en 1938 e 1940.[6]

Fontes editar

As obras de Cantero foron esquecidas durante anos, e recentemente foron redescubertas por Isabel Díaz de Aguilar e Federico Suárez Caballero. As fontes primarias básicas son as patentes que rexistrou e dous libros de Cantero sobre a Libélula.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Sadia, José María (2014-05-24). "Zamora da las gracias a un visionario". La Opinión de Zamora (en castelán). Consultado o 2024-01-05. 
  2. "Se organiza una manifestación. Se proclama la República Gallega". El Pueblo Gallego nº 2.254 (en castelán). 26 de xuño de 1931. p. 1. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 16 de outubro de 2014. 
  3. "En Orense se declara la República Gallega". El Regional nº 17.127 (en castelán). 25 de xuño de 1931. p. 3. 
  4. "Última Hora: A Madrid llega la noticia de haberse proclamado la República Gallega en Orense". La Zarpa nº 3.062 (en castelán). 25 de xuño de 1931. p. 12. 
  5. "El bello gesto de Galicia". El Emigrado nº 378 (en castelán). 7 de xullo de 1931. p. 1. 
  6. "Helicópteros na Segunda Guerra Mundial". pt.topwar.ru/ (en ruso e portugués). Consultado o 5 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Federico Suárez Caballero. (2006) Federico Cantero Villamil, Arte&Prensa.

Ligazóns externas editar