Faustino Orantes

(Redirixido desde "Faustino de Orantes")

Faustino Orantes Magallón foi un industrial, político e xornalista galego.

Faustino Orantes
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Empresario, en 1878 promoveu con outros veciños de Santiago, A Coruña, Melide e Toques a constitución dunha sociedade anónima para a fabricación de aramios de ferro denominada "El Porvenir" que creou a fábrica de puntas de Toques, instalada nos restos das edificacións do mosteiro de San Antoniño de Toques. De ideoloxía republicano federal, foi candidato federal polo distrito de Muros nas elección de 1873, participou na Asemblea Federal celebrada en Lugo en xullo de 1887, e formou parte da directiva do Casino Republicano de Santiago en 1888. Nese ano acudiu con Federico Tapia como representante da Coruña ao Congreso do Partido Republicano. En 1889 trasladouse á Coruña e foi directivo do Casino Republicano Federal. Foi presentado polos republicanos da Coruña como candidato a Cortes por Santiago de Compostela en 1891[1]. Dirixiu na Coruña El Doctor Garrido en 1876 e en 1886 fundou en Santiago de Compostela La Región Gallega. Foi membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.

Vida persoalEditar

Casou con Julia Androver Giraut en 1857, e foi pai de Dolores, María e Amparo Orantes Androver.

NotasEditar

  1. Gaceta de Galicia, 12-1-1891, p. 2.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar