Familia (serie de televisión)

Familia: manual de supervivencia é unha serie de televisión de comedia familiar, producida por DLO e Kubelik Producciones e emitida en Telecinco desde o 8 de xaneiro de 2013.[1] Narra a historia de convivencia en torno á familia Oquendo, articuladas polos dramas, medos e alegrías que viven os membros dunha peculiar familia.

Familia: manual de supervivencia
FormatoComedia familiar
IntérpretesSantiago Ramos
Mabel Rivera
Juana Acosta
Alexandra Jiménez
Nausicaa Bonnín
Diego Martín
Pepe Lorente
Àlex Batllori
Miguel de Miguel
Elena Tarrats
Chiqui Fernández
Sabrina Xuelyng
País de orixeEspaña España
Episodios8
Produción
Duración70 min aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixe Telecinco
Primeiro episodio8 de xaneiro de 2013
Derradeiro episodioactualidade
Na rede
http://www.telecinco.es/familia/
IMDB: tt2171784 Filmaffinity: 786504 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O 22 de febreiro de 2013, o grupo Mediaset España confirmou que, malia a baixada de audiencia da serie, decidiran dar luz verde á escritura de novos guións.[2]

Argumento

editar

Narra a historia de convivencia en torno á familia Oquendo, articuladas polos dramas, medos e alegrías que viven os membros dunha peculiar familia. A diferenza doutras ficcións, o protagonismo desta comedia recae nunha das fillas, Carlota (Alexandra Jiménez).

A primeira tempada comeza coa voda de Natalia (Nausicaa Bonnín), a filla pequena do clan Oquendo, e a partir deste evento nupcial dáse comezo ao coñecemento de cada un dos membros da familia. Estes non poden vivir sen Carlota, unha muller de trinta anos inmersa nos seus proxectos con intención de cambiar de traballo e comezar unha nova etapa noutro lugar, con todo, os seus achegados non queren deixala escapar. Manolo (Santiago Ramos), o seu pai, será o primeiro en recorrer a ela. Exfutbolista de profesión e agora representante de xogadores, recibirá unha sorpresa en forma de diagnóstico médico que supoñerá un punto de inflexión na súa egocéntrica existencia. Doutra banda Malena (Juana Acosta), a súa irmá máis vella, que coas opinións que a fan dubidar, lévanlle a consultar moi miúdo á súa irmá. E Natalia, a pequena da familia, que na súa despedida de solteira comete un erro e tamén decidirá contarllo a Carlota. En definitiva, todos os membros da familia «sen excepción» acudirán á mediana dos Oquendo en busca de consello e axuda.

Repartimento

editar

Capítulos e audiencias

editar
Capítulo Nome Data de emisión Espectadores Share
PRIMEIRA TEMPADA
01 Carlota y sus circunstancias 8 de xaneiro de 2013 3 129 000 16,1%
02 La leyenda del fugitivo 15 de xaneiro de 2013 2 629 000 14,1%
03 Operación Mar de Plata 22 de xaneiro de 2013 2 228 000 11,3%
04 Un hombre nuevo 30 de xaneiro de 2013 2 157 000 12,2%
05 Familia no hay más que una 6 de febreiro de 2013 2 118 000 11,5%
06 Planes del futuro 20 de febreiro de 2013 1 694 000 9,6%
07 Cuestión de confianza 6 de marzo de 2013 2 135 000 12,7%
08 Un pez llamado Futre 6 de marzo de 2013 1 508 000 10,3%

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar