Fabienne Courtiade

deseñadora de moedas francesa

Fabienne Courtiade, nada en Villeneuve-Saint-Georges, Val do Marne, en 1970, é unha deseñadora francesa, autora do anverso das moedas de 1, de 2 e de 5 céntimos de euro.

Infotaula de personaFabienne Courtiade
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Villeneuve-Saint-Georges, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngravadora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fabienne Courtiade cursou estudos artísticos na Escola Superior de Artes e Industrias Gráficas Estienne (ESAIG), de París, e tamén acudiu á École Boulle, na mesma cidade. Acadou o certificado de aptitude profesional de Gravado Calcográfico en 1989 e posteriormente o diploma de oficios artísticos da École Etienne en 1991.[1]

 
Moeda de 5 céntimos de euro francesa de 2008.[2]

En 1990, a Sociedade de Fomento das Artes Plásticas concedeulle o segundo premio de formación en oficios artísticos.[1]

Courtiade desempeñou entre 1990 e 1995 diversos traballos como independente no ámbito da calcografía, ao tempo que se formaba en deseño asistido por computador.[1]

 
Moeda de 50 euros (2009) conmemorativa dos 20 anos da caída do Muro de Berlín.[3]

En 1996 aprobou o curso de gravado da Monnaie de Paris e pasou a formar parte do cadro de gravadores da ceca pública francesa.[1] Nesa condición, Courtiade foi a autora de catro moedas conmemorativas do sistema do franco francés entre 1998 e 2001, e a partir dese ano encomendóuselle o deseño do anverso nacional francés común ás novas moedas due un, de dous e de cinco céntimos de euro, que comezaron a cuñarse a partir de 2002.[1][4]

A partir dese momento, Courtiade converteuse nunha prolífica creadora de moedas conmemorativas cuñadas pola Monnaie de Paris, con máis de 60 modelos da súa autoría.[1][4]

Notas editar

Outros artigos editar