Abrir o menú principal

Fabiano Luigi Caruana, nado en Miami (Florida) o 30 de xullo de 1992, é un xogador de xadrez italianoamericano. Posúe o título de Gran Mestre e compite por Italia. A novembro de 2018 ocupa o segundo posto da clasificación mundial. Non puido arrebatarlle o título de campión do mundo a Magnus Carlsen no campionato do mundo de 2018 logo de empatar nos 12 xogos pactados e perder no desempate de partidas rápidas por 3-0.[1][2]

Fabiano Caruana
Fabiano Caruana (2012).jpg
Nome completoFabiano Luigi Caruana
Nacemento30 de xullo de 1992
 Miami, Florida
NacionalidadeItalia e Estados Unidos de América
Ocupaciónxadrecista
editar datos en Wikidata ]
Fabiano Caruana en novembro de 2013.

Índice

TraxectoriaEditar

A súa nai, Santina Caruana, é italiana, polo que Fabiano posúe ámbalas dúas nacionalidades. Cando tiña só cinco anos, o seu talento para o xadrez xa foi visíbel para os organizadores dun torneo en Park Slope, Nova York. Sendo aínda cativo disputou torneos por todo o mundo, consolidándose coma unha das promesas do xadrez mundial. Así mesmo, viviu en diversos sitios coma Madrid ou Lugano para continuar coa súa formación xadrecística.

Con tan só 14 anos, 11 meses e 20 días obtivo o título de Gran Mestre, converténdose no xogador máis novo en obter o título da historia do xadrez estadounidense e italiano. É o terceiro xogador coa puntuación ELO máis alta da historia (2844), tan só por detrás do actual campión do mundo, Magnus Carlsen, e do excampión Gary Kasparov[3].

Enfrontamentos contra algúns Grandes MestresEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar