Faíscas do Xiabre
Faíscas do Xiabre foi un cuarteto de música tradicional galega formado a comezos da década de 1970 en Catoira. Permaneceu en activo até o ano 1979 cando foi disolto para formar o grupo Milladoiro.
Faíscas do Xiabre | |
---|---|
Orixe | Catoira, ![]() |
Período | 1970-1979 |
Xénero(s) | Música tradicional galega |
Selo(s) discográfico(s) | Guimbarda |
Membros | Moncho García Rei Piri Vicente Lorenzo Xosé Vicente Ferreirós Nando Casal |
Artistas relacionados | Milladoiro |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria editar
O grupo estaba composto na percusión por Moncho García Rei e Serafín Vicente Lorenzo e polos gaiteiros Xosé Vicente Ferreirós e Nando Casal.
En xullo de 1978 participaron na primeira edición do Festival de Ortigueira e a comezos de 1979 publicaron o seu primeiro e único disco, titulado In memoriam.[1] Este traballo contou coa participación de Antón Seoane e Rodrigo Romaní, músicos aos que Nando Casal, Xosé Ferreirós e Moncho García,[2] se uniron a continuación para formaren o grupo Milladoiro.[3]
Notas editar
- ↑ "Faíscas Do Xiabre – In Memoriam (1979)". Consultado o 2021-06-15.
- ↑ "Milladoiro - Compoñentes". milladoiro.gal. Consultado o 15/06/2021.
- ↑ Pereiro, Xosé Manuel (2009-04-30). "Os que abriron o camiño". El País. ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-06-15.