FIP
FIP (orixinalmente France Inter Paris) é unha emisora de radio francesa de ámbito nacional pertencente á cadea pública Radio France. Iniciou as súas emisións o 5 de xaneiro de 1971.
FIP | |
---|---|
Localización | París, Francia |
Área de radiodifusión | Francia |
Eslogan | "Respirez, vous êtes sur FIP" ("Respira, estás en FIP") |
Frecuencia | 105.1 MHz (París) 90.9 MHz (Marsella) Outras frecuencias |
Primeira emisión | 5 de xaneiro de 1971 |
Formato | Jazz, World, Chanson, Rock, Clásica |
Lingua(s) | Francés |
Clase | Radio pública |
Propietario | Radio France |
Estacións irmás | France Bleu France Culture France Info France Inter France Musique Le Mouv' |
Na rede | |
https://direct.fipradio.fr/live/fip-midfi.mp3 e https://icecast.radiofrance.fr/fip-midfi.mp3 Webcast | |
http://www.fipradio.fr/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Formato
editarO concepto que hai detrás de FIP apenas cambiou dende a súa creación: música continua, interrompida só para boletíns de tráfico, anuncios ocasionais sobre próximos eventos, e emisión de noticias breves 10 minutos antes de cada hora, pero sen publicidade.
A programación de FIP é unha mestura ecléctica de xéneros musicais: chanson, clásica, música de cine, jazz, rock, música do mundo e máis, pero poñendo un especial coidado no paso dun tema a outro. FIP é unha das poucas emisoras do mundo en transmitir este tipo de programación durante todo o día.
Historia
editarA emisora foi creada o 5 de xaneiro de 1971 por Jean Garetto e Pierre Codou, ambos presentadores de fin de semana en France Inter. Emitía desde París, en 514 m (585 kHz) na onda media, de aí o seu nome orixinal France Inter Paris 514. Destacou polo seu particular estilo de programar e o ton doce dos seus locutores informando dos problemas de tráfico con humor e ironía.
Logo de París, a emisora foi emulada noutras cidades (Lión, Marsella e así sucesivamente), nas cales emiten a mesma música e noticias cos eventos e o estado do tráfico local. A letra P en FIP cambia segundo a localización: FIB, FIL, FIM e así sucesivamente.
Como a maioría de emisoras de Radio Francia, FIP pasou á FM e estéreo.