Fast Auroral Snapshot Explorer

Satélite artificial dos Estados Unidos.
(Redirección desde «FAST»)

FAST, acrónimo de Fast Auroral Snapshot Explorer, tamén coñecido como Explorer 70, é un satélite artificial da NASA pertencente ó programa Explorer e lanzado o 21 de agosto de 1996 mediante un foguete Pegasus XL desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[1][3]

Fast Auroral Snapshot Explorer (FAST)
Representación artística de FAST.
TipoObservación terrestre.
OrganizaciónNASA[1]
Satélite deTerra
Data de lanzamento21 de agosto de 1996[2][3][4]
Foguete portadorPegasus XL[1][3]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[3][5]
Obxectivo da misiónObservación e estudo das auroras polares.[3][5]
NSSDC ID1996-049A
Masa187 kg[1][3]
Dimensións1,8 m de lonxitude.[5]
Potencia60 vatios[3]
Datos orbitais
Semieixo maior8380,9 km[2]
Inclinación83 graos[2]
Apoapse3664,7 km[2]
Periapse355 km[2]

Características editar

A misión de FAST consistiu no estudo da física do plasma dos fenómenos aurorais cunha alta resolución espacial e temporal, no rango dos microsegundos. O satélite foi lanzado a unha órbita moi excéntrica e case polar que precesiona un grao por día.[1][3]

FAST estabilízase mediante xiro a unha velocidade de 12 revolucións por minuto, co eixo de xiro situado perpendicular ó plano orbital. Leva a bordo unha memoria de estado sólido de 1 Gbit de capacidade e unha velocidade de adquisición de datos de 8 Mbps.[1][3] A alimentación eléctrica proporciónana células solares de arseniuro de galio montadas no corpo do satélite.[5]

A misión finalizou o 4 de maio de 2009.[1][3]

 
FAST antes do lanzamento.

Instrumentos editar

FAST leva catro instrumentos a bordo:[1][3]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: FAST (SMEX 2)" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "FAST" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2012. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 NASA (4 de novembro de 2011). "FAST" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2012. 
  4. "Note verbale dated 30 June 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (97-25680T): 35. 31 de xullo de 1997. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de maio de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Mark Wade (2011). "FAST" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar