Fólkvangr
Na mitoloxía nórdica, Fólkvangr ("campo da xente"[1] ou "campo do exército"[2]) era o lugar de residencia da deusa Freia en Asgard, o mundo dos Æsir. Freia recibía en Fólkvangr a metade dos caídos en combate, pertencendo a outra metade ó deus Odín. Fólkvangr é mencionado na Edda poética, compilado no século XIII das primeiras fontes tradicionais, e na Edda prosaica, escrito no mesmo século por Snorri Sturluson. De acordo coa Edda prosaica, dentro de Fólkvangr atopábase un salón chamado Sessrúmnir.
- Fólkvangr é chamado,
- onde Freia goberna
- ós sentados no seu salón.
- A metade dos caídos escolle cada día,
- e Odín a outra metade.
- Gylfaginning, capítulo 24, Edda prosaica[3]
A residencia de Freia é listada entre as doce moradas dos deuses no poema Grímnismál da Edda poética.[4]
Notas
editar- ↑ Orchard (1997:45).
- ↑ Lindow (2001:118).
- ↑ Tradución libre de: Sturluson, Snorri. "Gylfaginning, capítulo 24". Edda prosaica. trad. Arthur Gilchrist Brodeur. Arquivado dende o orixinal o 19/12/2007. Consultado o 22/03/2008.
- ↑ Sturluson, Snorri. "Grímnismal, estrofa 14". Edda poética. trad. Arthur Gilchrist Brodeur. Arquivado dende o orixinal o 07/03/2008. Consultado o 22/03/2008.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Lindow, John (2001). Norse Mythology: A Guide to the Gods, Heroes, Rituals, and Beliefs. Oxford University Press. ISBN 0-19-515382-0
- Orchard, Andy (1997). Dictionary of Norse Myth and Legend. Cassell. ISBN 0-304-34520-2