Ezker Batua - Berdeak
Ezker Batua-Berdeak | |
Partido político | Ezker Batua-Berdeak |
Ano fundación | 2004 (como organización soberana) |
Ideoloxía | Esquerda, Republicana, Federalista |
Ideoloxía respecto a Europa | Europeísta |
Membro de | Partido da Esquerda Europea |
Ámbito | País Vasco |
Sede central | Bilbao |
Líder | Javier Madrazo |
Representación en números | 77 concelleiros e 3 deputados autonómicos. |
Web do partido | www.ezkerbatua.org |
Ezker Batua-Berdeak foi unha organización política do País Vasco, formada polo PCE-EPK e independentes de esquerdas. Até o ano 2004 estivo federada a Izquierda Unida pero posteriormente cambiou o seu status, equiparándoo ó referente catalán de IU, EUiA, establecendo a soberanía en Ezker Batua-Berdeak, que libremente decide asociarse con Izquierda Unida.
O seu coordinador xeral até 2009 foi Javier Madrazo, quen foi conselleiro de Vivenda e Asuntos Sociais do Goberno vasco.
Historia
editarA súa denominación nun primeiro momento era Ezker Batua (EB). Coa entrada de Berdeak (Verdes) na organización, pasou a empregar a denominación Ezker Batua-Berdeak, a cal seguiu usando trala saída do grupo verde, sendo este o seu nome oficial na actualidade, e as siglas empregadas "EB-B".
Desde o 2001, esta organización formou parte do Goberno vasco en coalición co PNV e Eusko Alkartasuna. A súa decisión de pactar con estes dous partidos nacionalistas, xustificada pola organización para reconstruír a convivencia no País Vasco trala agre campaña das eleccións ó Parlamento Vasco de 2001, foi moi criticada desde outros puntos do Estado, e internamente desde sectores próximos ó PCE.
En contraste, as enquisas reflicten un amplo apoio a esta alianza dentro da sociedade vasca, e EB-B ten acusado a certos sectores de IU de xustificar o seu retroceso electoral - incluído o municipal- atacando á federación vasca.
Conservou un deputado por territorio histórico (3 en total), non rexistrando unha perda porcentual significativa de votos nas Eleccións ó Parlamento Vasco de 2005.
Aproximación ideolóxica
editarEB-B tense posicionado en contra da violencia de ETA, a favor do dereito de autodeterminación, así como do fin da dispersión de presos e propoñía un encuadre federal de Euskadi no Estado español denominado "federalismo de libre adhesión" e defende un modelo republicano e socialista de sociedade.
Defendeu un "si crítico" ó Estatuto de Autonomía ou "Plan Ibarretxe" e entre as súas iniciativas de Goberno atópanse a Lei de Parellas de Feito e a Lei do Solo, hoxe en día, xa en vigor.
Evolución electoral de EB-B na actualidade
editarNon obstante, observando os resultados nas eleccións ó Parlamento Vasco é perceptible unha tendencia á baixa desde 1998, primeiro acusada perdendo a metade de votantes (de 9,15% en 1994 a 5,68% en 1998), e despois de maneira sutil pero continuada, sendo a progresión a seguinte:
- 5,68% en 1998 / 2 escanos
- 5,58% en 2001/ 3 escanos
- 5,37% en 2005/ 3 escanos
Estes datos non tiveron gran relevancia até recentes datas, porque en distribución de escanos a progresión é ascendente (de 2 a 3), pola entrada no Goberno Vasco e a súa repercusión nos medios e moi especialmente porque a ilegalización de Batasuna deixou un baleiro electoral do que EB-B saíu amplamente beneficiado, sobre todo nas eleccións municipais, pasando dun 4,38% e 26 concellais en 1999 ó 8,04% e 77 representantes en 2001, onde tamén se rexistraron un 10,04% de votos anulados, na súa inmensa maioría da ilegalizada AuB (en 1999 só o 0,8% foron nulos).
Esta situación de aparente éxito electoral viuse freada tanto pola presenza de EHAK como pola recuperación do espazo electoral da esquerda nacionalista en xeral, con especial importancia na aparición de Aralar.
A gráfica descendente que reflicten os resultados pon de manifiesto unha progresiva deterioración do espazo electoral de EB-B, e quizais da proposta federalista que EB-B representa.
Porén, é comunmente aceptado que a presenza de EB-B no Goberno Vasco non é a causante desta deterioración, que responde a unha tendencia xeral- extensible a toda Izquierda Unida e previa, e de feito as enquisas revelan unha popularidade xeral de EB-B e de Javier Madrazo en particular froito da súa acción de goberno.
En marzo de 2007 anunciaron que concorrerían en coalición co partido nacionalista de esquerda Aralar ás eleccións municipais dese ano.