Ezimûn

filme de 2021 dirixido por Shawkat Amin Korki

Ezimûn (en kurdo central: ئەزموون) é un filme iraquí rodado en lingua kurda dirixido por Shawkat Amin Korki e producida por Mehmet Aktaş. Está protagonizado polas actrices kurdas Avan Jamal e Vania Salar, e o resto do elenco está composto por Hussein Hassan, Shuan Atoof, Mohammed Warya, Hoshyar Zero Nerwayi.

Ezimûn
Ficha técnica
Título orixinalئەزموون
DirectorShawkat Amin Korki
ProdutorMehmet Aktaş
GuiónMohamedreza Gohari
Shawkat Amin Korki
IntérpretesAvan Jamal
Vania Salar
Hussein Hassan
Shuan Atoof
Mohammed Warya
Hoshyar Zero Nerwayi
MúsicaMehmud Berazi
FotografíaAdib Sobhani
Estrea2021
Duración89 minutos
Orixe Iraq
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt14463426 Filmaffinity: 816674 Editar o valor em Wikidata

Ezimûn foi o filme de apertura do 8º Festival Internacional de Cinema de Duhok. Foi escollido como candidato de Iraq para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse editar

Rojin é unha moza kurda de Iraq que está a piques de facer o exame de acceso á universidade. A súa irmá máis vella Shilan, que é infeliz no seu matrimonio, decide axudala coa esperanza de que teña unha mellor vida ca a súa.

Personaxes editar

Actor Papel
Avan Jamal Shilan
Vania Salar Rojin
Hussein Hassan Ali Sardar
Shuan Atoof Jamal
Mohammed Warya estudante
Hoshyar Zero Nerwayi enxeñeiro
Nigar Osman Munira
Kawa Qadir Jamal
Adel Abdulrahman Karim

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar