Explorer 54
Explorer 54, tamén denominado AE-D (Atmospheric Explorer D), foi un satélite científico da NASA pertencente á serie Atmosphere Explorer lanzado o 6 de outubro de 1975 desde a base Vandenberg da Forza Aérea a bordo dun foguete Delta 2910.[2][4][5][6]
Explorer 54 / AE-D | |
---|---|
Explorer 54 / AE-D | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 6 de outubro de 1975[1][2][3] |
Foguete portador | Delta 2910[2][4][5][6] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][4] |
Duración da misión | Aproximadamente 4 meses[2] |
Obxectivo da misión | Estudo da atmosfera superior[2][4] |
Decaemento | 12 de marzo de 1976[1][2][4] |
NSSDC ID | 1975-096A |
Masa | 681 kg[2][4] |
Dimensións | Poliedro cun diámetro duns 1,4 metros.[2][4] |
Características
editarA misión de Explorer 54 foi continuar os estudos comezados por Explorer 51 sobre os procesos procesos químicos e os mecanismos de transferencia de enerxía que controlan a estrutura e o comportamento da atmosfera terrestre e da ionosfera na rexión de máxima absorción de enerxía solar. O satélite foi inxectado nunha órbita case polar para estuda-las rexións a latitudes altas ao mesmo tempo que Explorer 55 (AE-E) estudaba as rexións ecuatoriais e a latitudes baixas.[2][4]
O satélite era do mesmo tipo que Explorer 51 e usaba os mesmos instrumentos salvo o medidor de radiación solar ultravioleta e o espectrómetro de masas para ións, que si voaron no Explorer 55.[2][4]
Un fallo no panel solar deu por finalizada a misión prematuramente o 29 de xaneiro de 1976, tras apenas catro meses en órbita. Para continuar coas medicións simultáneas reactivouse o Explorer 51, aínda en órbita, o 28 de febreiro de 1976.[2][4] Explorer 54 reentrou na atmosfera o 12 de marzo de 1976.[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2012). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 54 (AE-D)" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2012.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 NASA (4 de novembro de 2011). "AE-D" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2012.
- ↑ "Note verbale dated 6 April 1998 from the Permanent Mission of Sweden to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE. 28 de abril de 1998.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: AE C, D, E" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Delta-2910" (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "Delta 2910" (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2012.