Explorer 15
Explorer 15, tamén denominado EPE-C, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 27 de outubro de 1962 mediante un foguete Delta A desde Cabo Cañaveral.[2][5]
Explorer 15 | |
---|---|
Explorer 15. | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 27 de outubro de 1962, 22:11 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta A[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2] |
Obxectivo da misión | Estudo do cinto de radiación artificial producido pola proba nuclear Starfish Prime.[2] |
Decaemento | 15 de xaneiro de 1978[1] |
NSSDC ID | 1962-059A |
Masa | 44,4 kg[6] |
Características
editarExplorer 15 foi o terceiro membro do modelo de satélites EPE (Energetic Particles Explorer). Foi adicado a facer observacións dos efectos da proba nuclear Starfish Prime no espazo e do cinto de radiación artificial que se creou a causa dela.[2][5][6]
Explorer 15 usou os instrumentos científicos suplentes de Explorer 14, modificados para a súa nova misión. Entre eles incluíanse tres detectores de partículas para o estudo de electróns e protóns e un magnetómetro de porta de fluxo de dous eixos para o estudo do campo magnético. O satélite usaba un telémetro de 16 canais con multiplexación por división de tempo cunha velocidade de mostraxe de 0,324 s. Oito dos canais usábanse para procesar información de xeito dixital, e os outros oito para facelo analoxicamente. Explorer 15 estabilizábase mediante xiro, usando un sensor solar para medir a velocidade de rotación e a fase. Tras o lanzamento o satélite non conseguiu diminuír a súa velocidade de rotación inicial, co que se mantivo entre 72,9 e 73,2 r.p.m. durante todo o tempo da misión. As velocidades de rotación típicas dos seus antecesores rondaban as 30 r.p.m. O eixo de rotación apuntaba a unha ascensión recta de 80,97 graos e unha declinación de 20,9 graos.[2][5]
Instrumentos
editarExplorer 15 levaba os seguintes instrumentos a bordo:
- Detectores de estado sólido para electróns e protóns.
- Detector de distribución angular.
- Detector de centeleo de protóns-electróns.
- Magnetómetros de porta de fluxo.
- Detector direccional e omnidireccional de protóns e electróns enerxéticos.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 15 (SERB 53B)" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "Explorer 15" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2013. Consultado o 29 de decembro de 2012.
- ↑ "Letter dated 10 December 1962 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Acting Secretary-General" (62-29259). 12 de decembro de 1962: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de maio de 2005. Consultado o 29 de decembro de 2012.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Explorer 15" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: EPE A, B, C, D (S 3)" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "EPE" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Torr, M. R.; Torr, D. G.; Stencel, R. (outubro de 1979). "Zodiacal light surface brightness measurements by Atmosphere Explorer-C". Icarus 40: 49–59. Consultado o 29 de decembro de 2012.