Abrir o menú principal

Exodus: Gods and Kings

Filme de Ridley Scott de 2014

Exodus: Gods and Kings (literalmente Éxodo: Deuses e Reis) é un filme épico estadounidense de 2014 dirixido por Ridley Scott e escrito por Adam Cooper, Bill Collage, Jeffrey Caine e Steven Zaillian. Trátase dunha coprodución entre os Estados Unidos, o Reino Unido e España e foi producido por Peter Chernin, Ridley Scott, Jenno Topping, Michael Schaefer e Mark Huffam con música de Alberto Iglesias. Os protagonistas do filme son Christian Bale, Joel Edgerton, John Turturro, Aaron Paul, Ben Mendelsohn, María Valverde Rodríguez, Sigourney Weaver, Ghassan Massoud, Indira Varma, Golshifteh Farahani e Ben Kingsley. Está inspirado no episodio bíblico do éxodo dos hebreos dende Exipto liderados por Moisés e que está relatado no libro do Éxodo.

Exodus: Gods and Kings
Ficha técnica
Título orixinalExodus: Gods and Kings
DirectorRidley Scott
Produtor
Guión
Baseado enLibro do Éxodo, do Antigo Testamento (Biblia)
Intérpretes
MúsicaAlberto Iglesias
FotografíaDariusz Wolski
MontaxeBilly Rich
Estudio
Distribuidora20th Century Fox
EstreaFlag of the United States.svg 12 de decembro de 2014
Duración150 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
España España[2]
XéneroDrama, acción
Orzamento$140–200 000 000[3][4]
Recadación$268 200 000[5]

ElencoEditar

ProduciónEditar

Contra o 15 de marzo de 2013, Deadline.com informou que Ridley Scott quería a Christian Bale como protagonista do filme[7] a quen posteriormente confirmou o papel de Moisés o 13 de agosto a seguir.[8] O mesmo día, Joel Edgerton tamén se uniu ao repartimento co fin de interpretar a Ramsés xunto a Bale; e confirmouse que a produción empezaría en setembro.[9] O estudio anunciou os castings na Almería e Fuerteventura para buscar uns 4500 extras.[10] O 27 de agosto, Aaron Paul tamén se uniu ao filme, co papel de Xosué.[11] Sigourney Weaver, Ben Kingsley e John Turturro tamén conversaron para se unir ao elenco o mesmo día.[12]

RodaxeEditar

Decorados do filme en Pechina, Almería en novembro de 2013, tralo fin da rodaxe na zona.

A filmación da película comezou en setembro de 2013 en Pinewood Studios (Londres).[13] En outubro o equipo trasladouse a España para rodar os exteriores en Almería e máis tarde, en Fuerteventura (Illas Canarias).

PosproduciónEditar

O 8 de xullo de 2014 anunciouse que Alberto Iglesias sería o encargado de realizar a banda sonora do filme.[14] O 9 de xullo saíu á luz o primeiro tráiler de Exodus.[15]

LanzamentoEditar

Exodus: Gods and Kings foi estreada o 5 de decembro en España (incluíndo Galiza coa dobraxe castelá) e o 12 de decembro en Estados Unidos.[16]

RecepciónEditar

CríticaEditar

As primeras críticas de Exodus foron desde mixtas a positivas. En Rotten Tomatoes, o filme mantén unha cualificación de 64%, baseada en 11 comentarios, cunha cualificación media de 7.2 / 10.[17] En Metacritic, o filme ten unha puntuación de 61 sobre 100, baseada en 6 críticos, indicando «críticas xeralmente favorábeis».[18]

NotasEditar

  1. British Board of Film Classification, ed. (21 de novembro de 2014). "EXODUS: GODS AND KINGS [2D] (12A)". Consultado o 21 de novembro de 2014. 
  2. British Film Institute (ed.). "Exodus Gods and Kings (2014)". Consultado o 15 de decembro de 2014. 
  3. Ray Subers (11 de decembro de 2014). Box Office Mojo, ed. "Forecast: 'Exodus' to Reign Supreme at the Box Office This Weekend". Consultado o 12 de decembro de 2014. 
  4. FilmL.A. (maio de 2015). "2014 Feature Film Study" (PDF). FilmL.A. Feature Film Study. Consultado o 29 de xuño de 2017. 
  5. Box Office Mojo (ed.). "Exodus: Gods and Kings (2014)". Consultado o 2 de maio de 2016. 
  6. D. Martínez (17 de outubro de 2013). "Christian Bale y María Valverde participarán en el rodaje de ‘Exodus’ en Macael". El Almería. Consultado o 17 de outubro de 2013. 
  7. "Christian Bale Eyeing Moses?". deadline.com. 14 de marzo de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  8. "‘EXODUS’ CONFIRMS CHRISTIAN BALE AS MOSES, CASTING JOEL EDGERTON AS RAMSES". screencrush.com. 13 de agosto de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  9. "Joel Edgerton to Battle Christian Bale in ‘Exodus’". variety.com. 13 de agosto de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  10. "‘Moses’ Calls For Extras In Spain; Masses Flock". deadline.com. 20 de agosto de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  11. "‘Breaking Bad’ Star Aaron Paul Joins Christian Bale in Moses Biblical Drama ‘Exodus’". variety.com. 27 de agosto de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  12. "Ridley Scott In ‘Exodus’ Talks With Ben Kingsley, John Turturro, Sigourney Weaver, Aaron Paul". deadline.com. 27 de agosto de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  13. "Joel Edgerton Talks FELONY, Ridley Scott’s EXODUS, JANE GOT A GUN Production Troubles, His Directorial Debut, and More at TIFF 2013". collider.com. 15 de setembro de 2013. Consultado o 21 de setembro de 2014. 
  14. "Alberto Iglesias to Score Ridley Scott’s ‘Exodus: Gods and Kings’". filmmusicreporter.com. 8 de xullo de 2014. Consultado o 21 de setembro de 2014. 
  15. "EXODUS: GODS AND KINGS Trailer: Christian Bale and Joel Edgerton Square Off in Ridley Scott’s Biblical Epic". collider.com. 9 de xullo de 2014. Consultado o 21 de setembro de 2014. 
  16. "First Look: Christian Bale as Moses in Fox’s ‘Exodus’". variety.com. 30 de decembro de 2013. Consultado o 1 de decembro de 2014. 
  17. "Exodus: Gods and Kings - Rotten Tomatoes". rottentomatoes.com. Consultado o 1 de decembro de 2014. 
  18. "Exodus: Gods and Kings Reviews - Metracritic". metacritic.com. Consultado o 1 de decembro de 2014. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar